lunes, 25 de marzo de 2019

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO

Hoxe tivemos connosco a Ánxela Loureiro, mestra e escritora ferrolá de literatura infantil e xuvenil, autora do libro  "Choiva de ras" 



Rapaces de 3º e 4º de primaria adentráronse nas trepidantes aventuras de Ramona, a ra máis mona e molona da fraga.
Entre frores e harmonías vivía esta extravagante ra argallando novas rimas e melodías, allea aos trafegos das outras ras pendentes dos ovos e do casorio cos sapos.
Mais, cando o perigo está cerca, Ramona enfróntase con todas as súas armas e comprende que a súa verdadeira función nese momento é salvar os ovos, loitar cos enimigos, solidarizarse cos animais do entorno e, grazas a súa valentía, lograr a armonía do lugar.  






Ánxela amenizou a xornada con preciosas cancións que tod@s acompañaron con ledicia...
Sempre baixo a atenta mirada da Ramona (feita con papel maché) vixiando aos cágados do frasco recén collidos nunha charca...Mesmo parece que vai coller o micro e croar!...
                                 Que ben o pasaron coas cancións de namorados!...
Ao remate, Ánxela asinou os libros de cada un dos rapaces adicándolles unhas palabriñas....
Dani, Laura e Marta, de 6º de Primaria, aproveitaron o intre para facerlle unha breve entrevista para a nosa "Radiovalle"...

                                            MOITÍSIMAS GRAZAS ÁNXELA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario