"Do colexio a ser científica.
Experiencias dunha investigadora"...
Benvida ao teu cole Isabel!!!
María Isabel Rial Hermida é investigadora do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC. Despois de estudar Farmacia e facer un Máster, Isabel rematou a súa tesis recibindo un premio extraordinario polo seu traballo. Estivo en Belfast contratada por dous anos e, na actualidade, traballa na Universidade de Aveiro (Portugal) cunha beca da Xunta por dous anos.Por iniciativa da nosa ANPA, temos a sorte de contar con ela para celebrar esta data.
Óscar, o presidente da nosa ANPA, fixo a presentación na biblioca ante os alumnos de Secundaria que por quendas disfrutaron da charla de Isabel Rial...
Faloulles do seu traballo como investigadora cos polímeros. Explicoulles a súa estrutura, aplicacións e importancia nos medicamentos.
Isabel amosoulles unha escolma de mulleres científicas e os seus logros, algúns non recoñecidos no seu momento pero outros si, como ben dixo Isabel, non todo foi negativo afortunadamente. Animou aos alumn@s de secundaria a seguir os seus pasos no futuro que teñen diante como estudantes.
E deixounos a presentación para compartila con todos vós. A podedes ver ao final desta entrada🔻
Para os rapaces de 1º,2º,3º e 4º de Primaria, Isabel realizou unha serie de divertidos experimentos no laboratorio...
Algúns aproveitaron a experiencia para catar os lacasitos...
A outros dábanlle grima os globos inflados co bicarbonato e o vinagre por se explotaban...
Sempre coa atenta mirada do noso esqueleto Don Gregorio...
Estupenda xornada a de hoxe...Moitas grazas Isabel! Sempre serás benvida ás nosas aulas.
Moitas grazas ANPA!
Para contribuir a pechar esa brecha de xénero, que na actualidade existe no ámbito científico, un grupo de homes e mulleres toman a iniciativa 11 de Febreiro organizando actividades e materiais que conmemoran dita data.
Son mulleres e homes adicados á investigación, a docencia e a comunicación científica en diferentes institucións que forman parte de organizacións científicas, colectivos de divulgación, asociacións de mulleres ou comisións de igualdade. Hoxe, como sabedes, estivo connosco a exalumna Isabel Rial e mañá contaremos con Ana Jesús López Díaz, profesora de Enxeñería Mecánica da Escola politécnica Superior da USC e forma parte do Laboratorio de Aplicacións do Láser.
Clicando nos enlaces vermellos podedes entrar...
Películas Kids CSIC: aprender Ciencia é divertido
(Unha morea de películas, contos, vídeos, xogos e moitísima información sobre Ciencia)
Presentación para Infantil
Presentación para Primaria
Materiais variados
🔻Presentación de Isabel Rial...
No hay comentarios:
Publicar un comentario