viernes, 12 de enero de 2018

PREHISTORIA NA BIBLIOTECA-PROXECTO 8 DE MARZO

Os peques de Infantil tiveron hoxe unha xornada prehistórica...
 As mestras de Infantil, para o proxecto da Prehistoria, contaron coa colaboración dunha experta en arte rupestre, Lorena.

Lorena mostrounos os materiais que utilizaban as mulleres e os homes na Prehistoria para pintar nas paredes das covas escenas de caza, animais, símbolos ou simplemente deixar as pegadas das súas mans...


Tamén poidemos ver o material lítico, de pedra, que utilizaban como ferramentas, cordas vexetais, coiros, tripas de animais e cornamentas de cervo...

            


Lorena fixo estas lámpadas de tuétano tal e como o facían na Prehistoria para iluminar as covas cando pintaban...
O tuétano é unha sustancia graxa que está no interior dos ósos. Lorena explicounos que unha vez sacado o tuétano do óso, ponse a quentar ata que se derrite como se fora aceite, entón cólase e vótase na cuncha de vieira; cando enfría quédase sólida como a cera dunha vela, colócanse unhas herbas secas como mecha e xa temos as lámpadas feitiñas para iluminar a cova. O fogo o mantiñan sempre encendido no interior da cova e así lles era máis práctico usalo cando o precisaran. Que listos eran!!!

Os pigmentos que usaban para pintar son as chamadas terras naturais como o caolín, o ocre e o carbón...

O carbón usábase como tiza ou machacado e misturado con auga. Facían tampóns ou monequiñas de coiro para facer puntiños... 
Existían diferentes técnicas ou xeitos de pintar:
➤ As puntuacións co dedo ou con tampóns de coiro, tamponado...
 
Puntuacións e cuadriforme da cova do monte Castillo en Puente Viesgo, Cantabria.

Dixitación , facer a silueta da figura co dedo

 
Lorena amosa unha foto da cerva de Covalanas, en Cantabria.
Pintura rupestre feita con tamponado e dixitación...
 

Carbón como tiza, para facer siluetas en negro co carbón...





Os nosos peques pintan co carbón e co dedo na "cova da biblioteca"


Fotos dos cervos da cova de Lascaux e do Mamut de Ruffignac en Francia.


Policromado, consiste en utilizar diferentes materiais de cores para o interior das figuras...Lorena amosounos a foto do cabalo policromado de Lascaux e o bisonte da cova de Altamira...
O cavernícola Zache coloca a súa man sobre a parede da covabiblioteca e Lorena co aerógrafo salpica a pintura líquida...

 Cando Zache retira a súa man, aparece en negativo sobre a parede
Incrible técnica con resultado espectacular...mans en negativo realizadas coa técnica rupestre!. Resulta que os cavernícolas do paleolítico xa descubreran daquela o denominado "efecto Venturi"
Na esquerda vese un aerógrafo rupestre e na dereita outro moderno.
Lorena móstranos unha foto da "Cueva de las manos" en Argentina onde utilizouse o aerógrafo de boca para deixar plasmadas as mans en negativo de homes e mulleres que viviron hai máis de vintecincomil anos...Incrible!!!
Os nosos rapaces de infantil usaron todas as técnicas de pinturas rupestres coas súas profes e con Lorena...

 
 


Pringáronse moito pero disfrutaron como verdadeiros cavernícolas!
Gracias Lorena polo teu emocionante traballo!!!




          









No hay comentarios:

Publicar un comentario