miércoles, 10 de enero de 2018

GUIA DE LECTURA

Dende a Asesoría Bibliotecas Escolares chéganos esta publicación recomendando divertidas, interesantes e novas lecturas...



Kalandraka acaba de publicar en galego Saltón no camiño, un dos libros clásicos de Arnold Lobel que vén acrecentar os títulos dispoñibles deste autor na nosa lingua.
Na súa viaxe, Saltón atopa a moitos personaxes  como uns escaravellos, un verme, unha mosca, un mosquito, unhas bolboretas ou  uns cabaliños do demo, e vive con eles unhas historias moi interesantes, que van enriquecer seu camiño.
Aínda que a ilustración ou o tamaño da letra nos fagan pensar que está destinado para os máis pequenos, a súa lectura pode resultar de interese para todas as idades.

Autor e título imprescindible nas nosas bibliotecas, moi acaído para pensarmos na biblioteca escolar. 



Dándolle a volta aos contos clásicos...
A editorial Xerais vén de publicar  os contos Brancaneves e os 77 ananiños e Cincenta e as zapatillas peludas, ambos os dous da autoría de Davide Cali, con ilustracións de Raphaëlle Barbanègre e traducidos por  Anaír Rodríguez.
 Na presentación editorial indícannos que son reinterpretacións dos contos clásicos e un canto á liberdade. Desde o humor cuestiónanse os estereotipos aceptados que impiden a educación en igualdade de dereitos de oportunidades de nenos e nenas.
Indicados para primeros/as lectores/as, son boas lecturas para incluír nos fondos da biblioteca escolar para traballar a coeducación, a iguadade de xénero e o dereito a decidir das persoas, nomeadamente as mulleres. 
 

E por último, a Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura, achéganos unha interesante selección de poesía infantil...

Como nas nosas bibliotecas lemos moita poesía, elaboramos un taboleiro no Pinterest de Bibliotecas Escolares galegas cunha selección de títulos, á que chamamos Poesía infantil dirixida fundamentalmente a primeiros lectores e lectores autónomos. Como toda escolla, ha medrar co tempo pero ben pode axudar a seleccionar recursos para as nosas actividades en torno á poesía ou acrecentar a colección da biblioteca escolar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario