jueves, 28 de septiembre de 2017

VISITA DE MEMBROS DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS

   Para conmemorar o Día Internacional das Persoas Xordas sábado 30 de setembro, recibimos hoxe, na biblioteca, a visita de dous membros da Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia.
En primeiro lugar, Emma e a súa guía intérprete, amosaron na lingua de signos aos rapaces e mestras de E. Infantil un conto...

 

Xa na biblioteca, en diferentes quendas, fixeron unha maravillosa campaña de sensibilización cos rapaces de E. Primaria...



Tamén asistiron a esta campaña de sensibilización os cursos de 1º e 2º da ESO cos seus respectivos titores...

Con esta campaña preténdese sensibilizar e reflexionar sobre a invisibilidade das persoas xordas, a loita na eliminación das barreiras de comunicación e a defensa da Lingua de Signos.
A poñernos tod@s no seu lugar!
Aquí tedes máis información:Asociación de persoas xordas de Ferrol
MOITAS GRAZAS EMMA!










No hay comentarios:

Publicar un comentario