martes, 13 de junio de 2017

VISITA DE RAMÓN MONTERO CEREIJO

O presidente da delegación en Ferrol do colexio oficial de arquitectos, Ramón Montero Cereijo, estivo hoxe na bibblioteca para falarnos da súa visión dos barrios de Ferrol Vello e Canido, tema do noso Proxecto Terra do ano pasado e do actual.


Comenzou facendo un percorrido histórico da nosa ría, das súas vilas mariñeiras e da importancia estratéxica que foi gañando  ao  longo do tempo...




Explicounos, de xeito moi didáctico, a evolución da nosa cidade...
Foi no ano 1760 cando empezou a chamarse Ferrol Vello.
Profundizou no ano 1960, ano no que o barrio empezou a entrar en declive con motivo da construción da ponte de As Pías. Daquela deixa de ser a zona do porto a entrada principal á cidade.
A modo de curiosidade, tamén díxo que no barrio da Madalena, na actualidade, estanse rehabilitando máis vivendas que nas cidades de Coruña e Vigo xuntas. Por outra banda, explicou que as casas de Ferrol Vello son tan estreitas, entre outros motivos, porque usábase como medida na súa construción o remo das embarcacións.
Incluso amosounos algún boceto coa rehabilitación dalgún edificio.

Tamén valorou positivamente as iniciativas do barrio de Canido e que se están a propoñer para o barrio de Ferrol Vello para incentivar a súa recuperación.
A exposición deixounos a todos motivados para seguir aprendendo cousas sobre a nosa cidade e para ver un futuro esperanzador en canto a súa rehabilitación.
Dende aquí queremos dar as grazas a Ramón e aos compañeiros familiares que fixeron posible esta interesantísima colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario