HORA DE LER...SOPRA NESTE FURADIÑO
O conto desta semana ten un furadiño. En cada páxina, atentos á lectura, os nenos deben soprar nun furado troquelado no libro para que, na páxina seguinte, apareza o debuxo que se anuncia na anterior e novas instrucións para poder ver o seguinte.
Un verdadeiro xogo de poesía escrito por Antón Cortizas e ilustrado por Leandro Lamas. Contén rimas divertidas que invitan a achegarse ao burato e non parar de soprar...Quen se resiste? Se hasta se pode facer voar un elefante!
O equipo de voluntarios traballan arreo toda a semana para agasallar atod@s os rapaces de infantil e 1º e 2º de Primaria un elefantiño soprador...e contar o conto...
Os de 5 anos movendo a trompa do elefantiño
Non sopraches nada ben;
achega a boca ao furado
e sopra nel outra vez.
E aquí tedes aos grandes sopradores de 2º de Primaria cos voluntarios de 6º...
No hay comentarios:
Publicar un comentario