"No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa."
Este é o comezo da historia que veunos contar Iago López, autor do conto O cociñeiro Martiño, conto que estamos a ler en 1º de E. Primaria. Visitounos o pasado mércores 21 na biblioteca do cole.
Iago López relatou e escenificou o conto coa axuda das nenas e nenos de 5º e 6º de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria. A todos gustounos moitísimo o conto e botamos unhas boas risas con Martiño...
No hay comentarios:
Publicar un comentario