sábado, 12 de noviembre de 2016

GALICIENCIA 2016



     Outro ano máis en Galiciencia...con moitísima ilusión!!!  
     
http://aulavalleciclo2.blogspot.com.es/2016/11/galiciencia-2016_8.html

http://www.galiciencia.com/

Noticia no Diario de Ferrol

Noticia na Voz de Galicia

       Moito ánimo aos nosos participantes...dende aquí iremos contando as novas noticias que dende a Tecnópole de Ourense aparezan...lembrade que comenza o mércores 16 ata o 18, por se queredes acercarvos persoalmente a esta interesantísima mostra de ciencia. 
Aquí tedes o enlace...https://www.tecnopole.es/es/galiciencia

PRIMEIRA NOVA: 

Convídannos a gozar en directo, dende a nosa localidade, dunha sesión de vídeo streaming (retransmisión simultánea online) do espectáculo científico "As matemáticas" que terá lugar o xoves día 18 de novembro de 11 a 12 horas......


Espectáculo sobre matemáticas con sesión de vídeo streaming o xoves 17 de novembro de 11:00 a 12:00h. 50 minutos. Público en xeral.
O espectáculo está enfocado dende unha dobre perspectiva. Por un lado, achegar algúns datos da historia das matemáticas e a súa evolución. Deberase ser consciente de que o avance do coñecemento científico está ligado ao desenvolvemento de novas ferramentas matemáticas. Por outro lado, presentarase a relación das matemáticas coa  vida cotiá. Así, descubriranse os seus vínculos coa  percepción da beleza, a base dos xogos de azar, a súa importancia na procura do amor ou a imposibilidade de dobrar infinitamente un papel.

O enfoque será eminentemente lúdico, intentando que a linguaxe e contidos poidan ser comprensibles para todo tipo de públicos. A intención é espertar nos asistentes a curiosidade polas matemáticas, mostrando a súa cara máis descoñecida.

 Podedes acceder pinchando en:   https://www.youtube.com/user/tecnopole


No hay comentarios:

Publicar un comentario