viernes, 27 de febrero de 2026

CALDO DE GLORIA 2026

O Caldo de Gloria non podía faltar este ano para lembrar a nosa Rosalía de Castro... 

Os xefes de cociña  en plena faena😋😋😋rico rico



Na cociña traballaron arreo...

O equipo de Hábitos Saudables e Actividade Física fixo este cartel para lembrar o día.          
    

       MOITAS GRAZAS COCIÑEIROS!

miércoles, 25 de febrero de 2026

¿Un caracol?

 Libro animado de Guido Van Genechten,  musicado por Andrea Iglesias e interpretado por la tutora Eva Veiga de 5° de primaria y sus alumnos, para 1°, 2° y 3° de primaria en la biblioteca escolar.












jueves, 19 de febrero de 2026

ROSCO "PASAPALABRA" ROSALÍA DE CASTRO

 

                      Rosco Rosalía de Castro en pdf



23F - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


👉AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)                                                                                                                                   
Propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 23 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo de imaxes da nosa web.

Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión pola escritora Eva Veiga, que incluímos ao final desta comunicación.

23 F DIA DE ROSALÍA  DE CASTRO

O lema é: #maiselestamenperdidos

👉EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

Para traballar en clase, individualmente e en conxunto:

- Coidas que hai moita diferenza entre a época que viviu Rosalía (século XIX) coa época que estás a vivir ti?

- Escribiches algunha vez un poema? Se a resposta é si, axudouche a sentir algunha emoción especial ou descoñecida?

- ⁠Hai un poema de Rosalía titulado “A xustiza pola man”. Pensas que vivimos nun mundo xusto e igualitario? Razoa a túa resposta.

- Se Rosalía vivise hoxe en día, sobre que temas coidas que escribiría?

- Poderías definir estas dúas palabras: democracia/ditadura?

- ⁠Por que o ensino axuda a que haxa máis igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas?

- ⁠Define as seguintes palabras: xenofobia, cobiza, empatía.

- ⁠Realiza un rosco de pasapalabra con palabras relacionadas coa biografía de Rosalía.

- ⁠Grava un poema de Rosalía para colgar no blog ou na páxina web do teu centro de ensino, para celebrar o seu Día o 23 de febreiro.

- Para o 3º ciclo de Educación Primaria: buscar o poema e o libro ao que pertencen os versos que aparecen no Manifesto que celebra o Día de Rosalía.


👉EDUCACIÓN SECUNDARIA 

1.     Buscar o poema e o libro ao que pertencen os versos que aparecen no Manifesto que celebra o Día de Rosalía.

2.     Cuestións para responder individualmente e a debater en grupo:

3.     a) Que asuntos preocupan a Rosalía se atendemos á súa poesía?

4.     b) Coidas que hai moitas diferenzas daquel tempo a este?

5.     c) Se Rosalía vivise hoxe en día, sobre que temas coidas que escribiría?

6.     d) Consideras que Rosalía era feminista ou non? Por que?

7.     e) Paréceche que a maneira de sentir ou a emocionalidade das persoas inflúe na vida social e na política?

8.     f) Cal cres que é a función da poesía no mundo actual?

 


 


domingo, 15 de febrero de 2026

ENTROIDO 2026 - MASCOTAS

 DIVERSIÓN NO ENTROIDO A CARGO DE...ANDRESINHO



Una morea de chistes graciosos contados polo animado alumno da ESO....ANDRESINHO
👍 MOITAS GRAZAS!

Entroido 2026 moi divertido con obradoiros nas diferentes aulas:

Diseño de caretas, papiroflexia, baile e, na cociña do comedor, para os máis larpeiros, preparación de orellas e frores típicas do entroido...riquísimas Eva!




Mmmmm......boísimas!