Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria puidemos coñecer a historia e a importancia das nosas antergas na cidade de Ferrol e os seus arredores.
A iso das 10:00, chegamos ao Porto onde nos agardaba a nosa guía. Alí comenzamos esta interesante xornada, aprendendo o valor e a dureza das mulleres encargadas de descargar os barcos. Así coñecemos a "Mela, a carboeira" e a labor das augadoras e lavandeiras.
Rimos moito coa historia da rocha coñecida como "O cu da raíña". Anécdota curiosa do pedrusco que se atopa a orillas do castelo da Palma, e que, chámase así porque a raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II, ao desembarcar e poñer o pé na rocha esvarou...E caeu de cu.
Seguimos polo barrio de Ferrol Vello ata Capitanía e de alí ata o Barrio da Magdalena. Diante do edificio da Fundación explicounos a extraordinaria vida de Concepción Arenal, pioneira no feminismo español. Rematando a nosa andaina pola rúa do seu nome, Concepción Arenal, ata o Antigo Hospital de Caridade, para lembrar as mulleres que axudaron a soster e dar vida e saúde aos demáis, incluíndo as amas de cría e as mulleres que antendían enfermos de forma altruísta.
Sen dúbida, foi esta unha xornada marabillosa. Agora, seremos quen de ver a nosa historia dun xeito diferente, dende o punto de vista "Feminino".
No hay comentarios:
Publicar un comentario