jueves, 24 de octubre de 2019

TEI curso 2019/2020

Un ano máis continuamos co programa de convivencia TEI de Titoría Entre Iguais cos alumn@s de 3º e 5º de primaria, coordinado polas profesoras Emma e Rosa.
Iniciamos o programa co emocionante nomeamento de titores de 5º e titorandos de 3º, e cunha terrorífica actividade aproveitando a proximidade da festa do Samaín....




 
 
Os titores e colaboradores de 5º xa teñen, dende hoxe, o seu carnet que acredítaos como irmán/a maior dos rapaces de 3º de primaria..
             Denís, Josué, Gianella e Yésica serán colaboradores voluntarios dos titores.
Unha vez rematado o nomeamento, titores e titorandos, fixeron unha terrorífica actividade conxunta na biblioteca...


Con este programa de convivencia TEI preténdese mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.










No hay comentarios:

Publicar un comentario