Alumn@s de 3º e 4º de primaria realizaron hoxe na biblioteca escolar a unidade didáctica proporcionada pola Federación de Anpas de Ferrolterra Concepción Arenal...
Unha morea de divertidas actividades sobre o camiño inglés ata Santiago e o seu percorrido dende o peirao de Curuxeiras...
Tamén estamos a preparar un orixinal diario do pregrino para facer anotacións, debuxos, ou calquera texto que lle aporte esta nova experiencia...
O venres 18 participaremos no 1º Festival Do Camiño Inglés organizado pola Federación de Anpas de Ferrolterra e que terá lugar no peirao de Curuxeiras, na explanada da antiga frigorífica.
Alí haberá unha carpa con varias actividades dirixidas aos rapaces participantes: Música, degustación, manualidades.
Varios artistas realizarán obras en vivo repartidos en cinco puntos, dende o porto ata as Angustias. Estas obras, xunto ás que realicen os alumn@s serán expostas na oficina de Turismo de Curuxeiras.
Os rapaces de 2º de primaria tamén realizaron hoxe a súa unidade didáctica...
Ao longo da semana tamén a realizarán o resto dos compañeiros de primaria e de ESO.
Aquí vemos aos rapaces de 6º de primaria co cartel da Fanpa na entrada do colexio.
En 4º da ESO tamén fixeron hoxe as actividades propostas na súa unidade didáctica...
Parabens á asociación FANPA por esta maravillosa iniciativa que pon en valor o noso camiño, unha ruta xacobea marítima, que dende a idade media, foi utilizada por moitos peregrinos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario