viernes, 25 de febrero de 2022

VISITA FUERZAS ARMADAS

 Dentro das actividades programadas polo Departamento de Orientación dirixidas a 3º e 4º de ESO,  para dar a coñecer as diferentes opcións académicas e profesionais, recibimos este xoves a visita de catro militares da Armada que nos explicaron con gran profesionalidade o desenvolvemento da Carreira militar...






miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

Tal día como hoxe, hai 185 anos, naceu Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal. Todo o alumnado e o profesorado conmemoramos este día lembrando o seu poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas e facendo un Caldo de Gloria humilde e saboroso como o do seu poema...


Os preparativos fixéronse entre todos.

Os máis pequerrechos deixaron ben limpiños os grelos...

3º e 4º puxeron a remollo as fabas..


 Maiores da ESO pelaron patacas...



Os máis fortes moveron as mesas...


Empezan a chegar os famentos comensais...




A COMELO CALDIÑO QUENTE!!!......RIQUÍSIMO!!!!




Uns manteis foron agasallo da Fundación Rosalía de Castro pero a rapazada fixo o seu propio manteliño personalizado...
Agasallo da Fundación Rosalía de Castro co poema "Miña casiña, meu lar"





FELIZ ANIVERSARIO, ROSALÍA!!!


















martes, 22 de febrero de 2022

O HEMATOCRÍTICO - 1º E 2º DE PRIMARIA

 Hoxe recibimos a Miguel López-O Hematocrítico, autor do libro que están a traballar no segundo trimestre o alumnado de 2º de primaria, "Menudo cabritillo"...













Contounos unha morea de cousas interesantes, falounos de todod os libros que ten escritos e asignou os nosos exemplares...MOITAS GRAZAS, MIGUEL!

Os rapaces e rapazas de 1º de primaria tamén tiveron unha sesión con Miguel, pero eles están a ler outro libro de Miguel, "El lobo con botas"...



domingo, 20 de febrero de 2022

PREPARANDO O ENTROIDO 2022

Durante esta semana imos coñecer o Entroido e os traxes típicos nas diferentes zonas de Galicia...

➤ PELIQUEIROS de Laza
Plantilla de Peliqueiro...

Neste vídeo explícannos a tradición dos traxes de peliqueiros en Laza...

➤PANTALLAS de Xinzo de Limia




   
Plantilla da Pantalla...
Aquí tedes un vídeo para coñecer mellor a tradición en Xinzo de Limia no Entroido...

➤BOTEIROS de Viana do Bolo

Plantilla de Pantalla...
No vídeo podedes ver un tradicional desfile de Pantallas....


➤VOLANTES de Chantada

Plantilla de Volantes...


Aquí tedes un vídeo do Entroido Ribeirao...

➤XENERAIS da Comarca do Ulla

Plantilla de Xeneral...
vídeo dos Xenerais do Ulla....

Tedes máis información no seguinte enlace....