Daniela e Quique de 5º de primaria, dramatizaron estupendamente o conto da boneca que estaba triste porque non tiña outra amiga para xogar...Por sorte, o mago Quique, fixo maxia coa súa variña e resolveu maravillosamente o problema...
O martes contaronno aos pequerrechos de infantil. E hoxe xoves tocoulles aos de 1º e 2º de Primaria...
Precioso conto que da inicio este curso á sesión de contacontos na biblioteca.
E que ben o fixeron Daniela e Quique!
Parabéns e moitas grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario