O ano pasado escollimos o libro de Ángeles Caso adicado ás pintoras para facer o proxecto ELAS SEMPRE PINTAN MOITO.
Este ano, inspirados polo segundo libro da mesma autora adicado ás mestras das artes, estamos a diseñar outro kamishibai similar.
Fixemos unha escolma de mulleres, sete delas do mencionado libro ás que engadimos dúas mulleres galegas: Xulia Minguillón (pintora lucense) e Concepción Arenal, a nosa paisana.
Os preparativos non foron nada doados este ano...Pero, coma sempre, os colabores, voluntarios, pais e nais, foron exemplares e fantásticos.
O cadro "A escola de Doloriñas" de Xulia Minguillón, homenaxe ás nosas mestras, quedou así de bonito.
Alumn@s de 6º de primaria e os de Secundaria están creando as poesías adicadas a cada unha das mulleres escollidas para colocar na parte traseira das láminas do kamishibai...
...Pronto amosaremos o traballo completo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario