martes, 12 de febrero de 2019

LÁSER, FÍSICA E MULLERES - 2ª XORNADA 11F


Continuamos a celebrar hoxe o "Día da muller e a nena na ciencia" coa visita dunha doutora en Ciencias Físicas pola USC, Ana Jesús López Díaz, profesora titular de Enxeñería Mecánica da Escola Politécnica Superior da UDC e Presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia AMIT-Gal.
Co título de "Laser, Física e mulleres" Ana deu unha interesante charla para os alumn@s de 5º e 6º de primaria na biblioteca. Presentounos ás súas amigas científicas...
Explicounos o que é a Física: A máis fundamental das ciencias. Entender como funcionan, de que están feitas e por que funcionan tódalas cousas do Universo.
En que consiste ser físico ou física? Pois en buscar unhas poucas leis que nos expliquen como funciona todo, por exemplo a lei da gravidade. 
Tamén falounos do espectro electromagnético. Explicounos que era o conxunto de todos os tipos de luz, ou radiacións electromagnéticas que existen...
Aclarounos o que era un láser e as múltiples aplicacións que ten na vida diaria: punteiros, impresoras, ciruxía láser, lector de códigos de barras, para facer hologramas nos billetes e tarxetas, scáneres láser, borrar tatuaxes, cortar teas na industria téxtil.
Que fai Ana co láser?...
Ana aplica o láser á medicina: Nos parafusos para implantes odontolóxicos. En todo tipo de implantes como o da cadeira.
Tamén aplícase o láser na conservación do patrimonio. Esta técnica aplicouse na recuperación do Pórtico da Gloria na catedral de Santiago...Podedes ampliar información no seguinte enlace:
https://www.revistadearte.com/2018/06/28/el-portico-de-la-gloria-recupera-el-color-del-romanico/
 Ana presentounos este fermoso vídeo: Ese lugar...

Ese lugar chámase FUTURO...e o tedes nas vosas mans.

                                  MOITÍSIMAS GRAZAS ANA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario