martes, 15 de octubre de 2019

PREPARANDO O CAMIÑO INGLÉS

Alumn@s de 3º e 4º de primaria realizaron hoxe na biblioteca escolar a unidade didáctica proporcionada pola Federación de Anpas de Ferrolterra Concepción Arenal...
 Unha morea de divertidas actividades sobre o camiño inglés ata Santiago e o seu percorrido dende o peirao de Curuxeiras...
Tamén estamos a preparar un orixinal diario do pregrino para facer anotacións, debuxos, ou calquera texto que lle aporte esta nova experiencia...

 O venres 18 participaremos no 1º Festival Do Camiño Inglés organizado pola Federación de Anpas de Ferrolterra e que terá lugar no peirao de Curuxeiras, na explanada da antiga frigorífica.
Alí haberá unha carpa con varias actividades dirixidas aos rapaces participantes: Música, degustación, manualidades.
Varios artistas realizarán obras en vivo repartidos en cinco puntos, dende o porto ata as Angustias. Estas obras, xunto ás que realicen os alumn@s serán expostas na oficina de Turismo de Curuxeiras.

Os rapaces de 2º de primaria tamén realizaron hoxe a súa unidade didáctica...
Ao longo da semana tamén a realizarán o resto dos compañeiros de primaria e de ESO.
 Aquí vemos aos rapaces de 6º de primaria co cartel da Fanpa na entrada do colexio.

 
En 4º da ESO tamén  fixeron hoxe as actividades propostas na súa unidade didáctica...
Parabens á asociación FANPA por esta maravillosa iniciativa que pon en valor o noso camiño, unha ruta xacobea marítima, que dende a idade media, foi utilizada por moitos peregrinos.

viernes, 11 de octubre de 2019

OBRADOIRO DE ARQUITECTURA

Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Carmen Pérez Parapar, a nova presidenta da delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia...
 Explicou a evolución da vivenda e as distintas modalidades segundo o seu entorno para rapaces e rapazas de 3º,4º, 5º e 6º en dúas quendas.
Viron imaxes moi curiosas das diferentes construccións que hai polo mundo adiante: cavernas, castros, igloos, tipys, yurtas...Unha morea de estilos diferentes, tradicionais e modernos, que gustaron moito ao rapaces...
 Unha vez feita a presentación, remangáronse tod@s e puxéronse mans á obra para deseñar a súa vivenda no improvisado obradoiro da biblioteca...





 Deixamos a secar as vivendas ata o próximo luns...


 


FOI UNHA XORNADA A DE HOXE MOI ESPECIAL...

MOITAS GRAZAS CARMEN POLA TÚA INTERESANTE VISITA!
Premede no seguinte enlace para escoitar a interesante entrevista que Xabi e Sara fixeron a Carmen dende Radiovalle...

jueves, 10 de octubre de 2019

MAXIA NA BIBLIOTECA CON MATRIANUSKA

Iniciamos a sesión de contacontos coa máxica boneca MATRIANUSKA...
 Daniela e Quique de 5º de primaria, dramatizaron estupendamente o conto da boneca que estaba triste porque non tiña outra amiga para xogar...Por sorte, o mago Quique, fixo maxia coa súa variña e resolveu maravillosamente o problema...
O martes contaronno aos pequerrechos de infantil. E hoxe xoves tocoulles aos de 1º e 2º de Primaria...

 





Precioso conto que da inicio este curso á sesión de contacontos na biblioteca.


E que ben o fixeron Daniela e Quique!

Parabéns e moitas grazas!!!



jueves, 3 de octubre de 2019

VISITA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DA CORUÑA

Hoxe recibimos con agarimo a visita de María e Tino, membros da Asociación de Persoas Xordas de A Coruña...
 Os pequerrechos de Infantil foron os primeiros en recibir as explicacións de Tino...




Na biblioteca, en dúas quendas, practicaron a lingua de signos os alumn@s de ESO e os de primaria...

 
 Practicaron o alfabeto de signos co seu nome...Irene foi tan rápida que nin tempo me deu a facerlle unha foto con Tino...
 A profe de inglés, Vanesa, tamén o fixo moi ben...
 A xornada de hoxe foi moi enriquecedora para tod@s. Agradecemos a Tino e a María a lembranza deste colectivo que dende o ano 1958 celebran o 29 de setembro o Día Internacional de persoas Xordas.
Deixovos este vídeo para que o ollades...
Manifiesto- Semana Internacional das persoas xordas...