domingo, 28 de febrero de 2021

ÚLTIMA REUNIÓN PROXECTO: "O PATIO DO MEU COLE É PARTICULAR"

 O pasado xoves 25, na biblioteca, o grupo de traballo do proxecto  "O patio do meu cole é particular",  tivo a última reunión coa asesora Olga Romasanta para dar un último impulso á planificación e execución das novas ideas a incorporar no noso patio escolar...

Unha vez que amosamos a presentación ao alumnado e ao profesorado cunha chea de posibles ideas, fixemos unha ficha de unificación das ideas escollidas e as zonas posibles de ubicación das mesmas. Unha vez analizada a ficha, priorizamos as ideas viables a realizar durante este curso e planificamos o xeito de levar a cabo.

Con moita ilusión os rapaces e rapazas fixeron unha xeitosa maqueta para recrear as diferentes zonas do patio e completalas cos elementos creados por eles mesmos...


CANTA ILUSIÓN...CANTA CREATIVIDADE!

     CONTINUAREMOS INFORMANDO ....


sábado, 27 de febrero de 2021

ROSALÍA DE CASTRO 2021

  Rapaces e rapazas, cos susurradores, cantan e recitan poemas de Rosalía de Castro para lembrala...

Escoitade no seguinte vídeo o poema "O gaiteiro" recitado por Gala, de 6º de primaria, e "Adiós ríos, adiós fontes" susurrado polos nenos e nenas de 4º...


Tamén o podedes escoitar dende o podcast de Radio Valle...
En todas as aulas lembramos a Rosalía con diversas actividades. 
En 4º de primaria debuxaron, pintaron e recitaron...




1º ,2º e 3º levaron toda a semana traballando a figura de Rosalía a través de actividades interactivas, unidades didácticas, debuxos e cancións...




Outra fermosa lembranza quedounos para sempre nestra entrada do blog do ano pasado cando podíase ir polas rúas sen pandemia, sen mascarillas, susurrando e cantando por un tubo... Rosalía por un tubo
No Cruceiro de Canido
Na Rúa real

Na chocolatería Bonilla

ROSALÍA SEMPRE



sábado, 20 de febrero de 2021

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA 2021

ROSALÍA SEMPRE...
Para celebrar o 184 cabodano do nacemento de Rosalía de Castro, temos preparadas unha morea de actividades nas aulas...
Pero tamén no patio...
 

Se queredes descubrir a Rosalía, ollade estes dous traballos...



Lembramos a nosa homenaxe hai dous anos....O tendedeiro de Rosalía...


Quen se atreve a completar o rosco de Pasapalabra sobre Rosalía de Castro?.... RULETA DE PASAPALABRA-ROSALÍA

jueves, 11 de febrero de 2021

QUE SABES DO ENTROIDO?

 Dende a seguinte ligazón de Aulas Galegas podedes intentar completar o divertido xogo:

      ROSCO DO ENTROIDO DE AULAS GALEGAS

➧ Coñeces os personaxes do noso Entroido? Preme no seguinte enlace: Entroido galego

martes, 9 de febrero de 2021

NO MORE MATILDAS - 11F 2021

  Para celebrar o 11de Febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a asociación AMIT  creou o vídeo "No more Matildas"  para explicar e denunciar, na súa campaña, as consecuencias do chamado "Efecto Matilda"...


Lembramos as interesantes visitas que dende AMIT tivemos anos anteriores na nosa biblioteca...

➤Entrevista e visita de Lucía Santiago Caamaño - Enxeñeira Naval e Oceánica:



➤Entrevista e visita de Belén Soto Torrente - Química e Responsable de medio ambiente en ENDESA:


➤Entrevista e visita de Ana Jesús López Díaz - Profesora titular de Enxeñería Mecánica da Escola Politécnica Superior da UDC e Presidenta de AMIT-Gal



➤Entrevista e visita de Isabel Rial Hermida - Investigadora do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC :


ESTÁ CLARÍSIMO.....O TALENTO NON TEN XÉNERO!

Nos seguintes vídeos tedes 10 exemplos...

DE MAIOR QUERO SER...