Esta semana alumn@s de 6º de primaria e a súa titora Eva amosaron o seu traballo.
Fixeron un power point cunha selección de mulleres galegas pioneiras nalgún campo da ciencia.
Mulleres como Isabel Cendán, de Ordes, que participou na misión de levar a vacina da variola a América e a Filipinas nunha expedición filantrópica que partiu do porto da Coruña en 1803.
Olimpia Valencia, de Ourense, a primeira muller galega en obter a licenciatura de Medicina.
A nosa paisana de Serantes, Ángeles Alvariño, oceanógrafa, zoóloga, profesora e pioneira por ser a primeira muller científica que forma parte da tripulación nun barco de investigación británico, alá polo ano 1953...
E moitas máis mulleres exemplares galegas...
Parabéns 6º por esta escolma de pioneiras galegas que abriron camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario