miércoles, 13 de noviembre de 2019

EXPERIMENTOS - MES DA CIENCIA

MAXIA OU CIENCIA?
En primeiro lugar descubrimos que o magnetismo é máxico e dispara a curiosidade dos rapaces...
Experimentamos con diferentes imáns e vimos como atraen e poden mover os obxectos que Dani e Nerea, de 3º de primaria, meteron no frasco de plástico con auga.
 Cascabeis, clips e moedas móvense dentro do frasco coa forza dos imáns que acercamos...

Algúns voluntarios quixeron experimentar eles mesmos cos imáns...
 
 Brais e Carlos, titores de 5º de primaria, colaboraron neste experimento...Moitas grazas chicos!


 O segundo experimento máxico  foi feito por Yoel, que suxeita fortemente a bolsa con auga, e Noelia, que atraviesa a bolsa cos lapis afiados con moita suavidade e firmeza...
 
A auga non sae aínda que se craven lapis afiados porque a bolsa está feita dun material chamado polietileno que ten unhas moléculas unidas de tal xeito que cando o lapis atraviesa a bolsa, esas moléculas o rodean e se pegan a el, impedindo que se escape a auga.


Hoxe tamén amosaron os experimentos aos rapaces de 1º e 2º de primaria...
 
Dani e Nerea xa son expertos  en magnetismo cos imáns.
  Noelia e Yoel demostran ter moita maña atravesando os lapis na bolsa chea de auga...Non é nada doado!!!

E seguimos experimentando con auga. O terceiro experimento o realizaron Omar, Miguel e Samuel, encargados de explicar a teoría dos vasos comunicantes...
Vimos como a auga de cor azul pasa a través do anaco de palliña ata o outro vaso valeiro...Aquí fai falta ter moita maña para encher o tubo de palla e pechar ben un extremo antes de pasalo ao outro vaso porque, se colle aire a palla, non fai o efecto sifón e rompe o vacío.
A Samuel saiulle á primeira...Un fenómeno!!!

Alumn@s de 4º tamén amosaron un experimento na biblioteca...
Explicaron a refracción cuns botes e frechas nun folio
Noelia e Yoel repetiron para os compañeiros de 4º o seu experimento cos lapis atravesando a bolsa.

                             PARABÉNS RAPACES CIENTÍFICOS!!!

                                     QUE BEN O FIXÉCHEDES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario