martes, 4 de abril de 2017

VISITA DE MARÍA CANOSA

Hoxe tivemos a sorte de contar na biblioteca con María Canosa, a autora do libro que están a ler neste trimestre os rapaces de 3º e 4º de Primaria..."Rubicundo"

Rapazas de 4º fixeron un resumo e interpretación do conto para presentalo no kamishibai...



María contounos como foi o proceso da súa creación...

 Escoitou e admirou a interpretación que fixeron de Rubicundo, respondeu ás preguntas espontáneas dos rapaces...e quixo facer unha foto coas creadoras do kamishibai...

MOITAS GRAZAS MARÍA!!! 

Aquí tedes a noticia da visita naVoz de Galicia...

PREPARANDO A VISITA DE MARÍA CANOSA

Alumnas de 4º de Primaria interpretan o libro "Rubicundo" para contalo co Kamishibai a súa autora María Canosa e para que os rapaces de 3º, que aínda non o leron, teñan unha idea do que acontece nel.
 

O grupo reparte as tarefas: Resumo e redación do texto, interpretación dos debuxos da ilustradora do conto Nuria Díaz nas láminas, tradución a castelán e inglés, plastificado e ordenación do Kamishibai de "Rubicundo".
O resultado quedou así de bonito...                                 
 
 
 



Un total de once láminas con debuxos e textos moi ben feitiños...esperemos que a María Canosa e aos compañeiros de 3º lles gusten!



lunes, 3 de abril de 2017

Somos lunáticos...mito ou realidade?

Proxecto de Investigación Científica Premio Luís Freire 2017, presentado polos alumn@s de 5º de Primaria...

Completísimo e interesante traballo de investigación...
MOITA SORTE RAPACES!!!

Se queredes ver a convocatoria deste ano podedes ciclar aquí...
...XVIII PREMIO LUÍS FREIRE

jueves, 30 de marzo de 2017

KAMISHIBAI - PESCADITO PESCADITO

Esta semana estreamos o noso kamishibai  na biblioteca...
Kamishibai quere dicir "Teatro de papel" en xaponés, é unha forma moi antiga de contar contos en Xapón. Fascina a todos conseguindo un efecto máxico e de concentración entorno ao conto.

Nenos de Primaria contan "Pescadito pescadito". Un conto antártico. Nos confins do planeta, os habitantes do Polo Sur levan unha vida tranquila, aínda que, de vez en cando, surxe algún que outro conflito. Nesta ocasión unha balea e un pingüino pelexan por un pescadito aparecido na praia...Quen o papará?

 


Voluntarios de 3º presentan o conto aos rapaces de 3anos...

 
Os de 4º de primaria cos de 4 anos...
 

 
Por suposto a mascota "Soños" acompaña sempre na presentación do  kamishibai...
 Aquí temos aos de 5º de Primaria cos de 5 anos...

 
Voluntarios de 6º contan aos de 1º e 2º de primaria...


 

Se queredes saber máis sobre este fantástico teatro de papel podedes clicar aquí...Que é un kamishibai?

miércoles, 22 de marzo de 2017

SOPRA NESTE FURADIÑO



HORA DE LER...SOPRA NESTE FURADIÑO
O conto desta semana ten un furadiño. En cada páxina, atentos á lectura, os nenos deben soprar nun furado troquelado no libro para que, na páxina seguinte, apareza o debuxo que se anuncia na anterior e novas instrucións para poder ver o seguinte.
Un verdadeiro xogo de poesía escrito por Antón Cortizas e ilustrado por Leandro Lamas. Contén rimas divertidas que invitan a achegarse ao burato e non parar de soprar...Quen se resiste? Se hasta se pode facer voar un elefante!

O equipo de voluntarios traballan arreo toda a semana para agasallar atod@s os rapaces de infantil e 1º e 2º de Primaria un elefantiño soprador...e contar o conto...
 

  4 anos
 






Os de 5 anos movendo a trompa do elefantiño



Non sopraches nada ben;
achega a boca ao furado
e sopra nel outra vez.

E aquí tedes aos grandes sopradores de 2º de Primaria cos voluntarios de 6º...