jueves, 30 de marzo de 2017

KAMISHIBAI - PESCADITO PESCADITO

Esta semana estreamos o noso kamishibai  na biblioteca...
Kamishibai quere dicir "Teatro de papel" en xaponés, é unha forma moi antiga de contar contos en Xapón. Fascina a todos conseguindo un efecto máxico e de concentración entorno ao conto.

Nenos de Primaria contan "Pescadito pescadito". Un conto antártico. Nos confins do planeta, os habitantes do Polo Sur levan unha vida tranquila, aínda que, de vez en cando, surxe algún que outro conflito. Nesta ocasión unha balea e un pingüino pelexan por un pescadito aparecido na praia...Quen o papará?

 


Voluntarios de 3º presentan o conto aos rapaces de 3anos...

 
Os de 4º de primaria cos de 4 anos...
 

 
Por suposto a mascota "Soños" acompaña sempre na presentación do  kamishibai...
 Aquí temos aos de 5º de Primaria cos de 5 anos...

 
Voluntarios de 6º contan aos de 1º e 2º de primaria...


 

Se queredes saber máis sobre este fantástico teatro de papel podedes clicar aquí...Que é un kamishibai?

No hay comentarios:

Publicar un comentario