martes, 6 de febrero de 2024

11F - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2024

DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER Y LA NIÑA EN LA CIENCIA

Para lembrar que o próximo domingo 11 de febreiro imos celebrar o Día da Muller e a nena na Ciencia, as rapazas de 3º e 4º de primaria, fixeron unha morea de experimentos interesantes no laboratorio...
E como estamos a celebrar o Entroido, as "vendedoras, mariscadoras e leiteiras", saíron dos cadros de Luis Seoane para amosar a maxia/ciencia aos "homiños con paxaro" que tiñan enfrente como atentos espectadores...




Coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas, o 11 de febreiro foi declarado pola ONU como o "Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia".

DÍA DE ROSALÍA -23 FEBREIRO 2024


 




miércoles, 31 de enero de 2024

POLOS CREATIVOS

 O noso centro, involucrado na participación de programas de innovación como Polos Creativos (espazos educativos que favorecen o desenvolvemento das competencias dixitais), dotarase ao longo do curso 2024-25 de robots, realidade virtual, equipos audiovisuais, impresoras 3D e xogos de construción, entre outros. 




Unha parte do profesorado recibiu formación sobre o manexo e control das impresoras 3D nas tardes do luns na Biblioteca do centro. Próximamente teremos unha nova formación na técnica do Croma o que nos dará a posibilidade de establecer novas experiencias de aprendizaxe sen necesidade de sair da clase.

Os Polos Creativos son espazos educativos innovadores cun deseño modular e innovador, dotados de equipamento especializado, que ocupan espazos físicos definidos nos centros educativos. Enfócanse á aprendizaxe conxunta, colaborativo e comunitario. A súa visión é ampla, integrando o coñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc…).


martes, 19 de diciembre de 2023

PROGRAMA TEI CURSO 2023-2024

 Un ano máis continuamos co programa de convivencia TEI de Titoría Entre Iguais cos alumn@s de 3º e 5º de primaria, coordinado pola profesoras Emma.

Iniciamos o programa co emocionante nomeamento de titores de 5º e titorandos de 3º, e cunha  actividade aproveitando a proximidade do Nadal....





Os titores e colaboradores de 5º xa teñen, dende hoxe, o seu carnet que acredítaos como irmán/a maior dos rapaces de 3º de primaria..

           
Unha vez rematado o nomeamento, titores e titorandos, fixeron unha preciosa actividade conxunta na biblioteca...UN BONECO DE NEVE






Con este programa de convivencia TEI preténdese mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.









miércoles, 13 de diciembre de 2023

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL 2023

 O equipo da biblioteca desexa a toda a comunidade educativa un Feliz Nadal e un 2019 cheo de Ledicia e Boas Lecturas.

      O mellor agasallo...un libro!!!         

 De O a 6 anos

➤O conto do Apalpador                         ➤Un can e un gato                          



➤Gran Bot, pequeño Bot                     ➤Radio Bulebule   




De 6 a 8 anos
➤Empanada de mamut              ➤Maruxaina   
 
➤Catro pedras vellas                            ➤ La bicicleta de Selva

➤Dan, el genio del gol                          ➤Héroes por casualidad
 
De 10 a 12 anos

➤Pippi mediaslongas             ➤Os tres mosqueteiros
A partir de 12 anos

➤ Athenea: El ojo de Nefertiti     ➤Imperio de lobos             
➤El chico de la flecha   ➤Donde aprenden a volar las gaviotas

➤Imagine                     ➤Cociña infantil e familiar 
 

➤Mi pequeña fábrica de cuentos       ➤ Elmer el elefante multicolor

     

      FELICES LECTURAS!!!