Un ano máis continuamos co programa de convivencia TEI de Titoría Entre Iguais cos alumn@s de 3º e 5º de primaria, coordinado pola profesoras Emma.
Iniciamos o programa co emocionante nomeamento de titores de 5º e titorandos de 3º, e cunha actividade aproveitando a proximidade do Nadal....Unha vez rematado o nomeamento, titores e titorandos, fixeron unha preciosa actividade conxunta na biblioteca...UN BONECO DE NEVE
Con este programa de convivencia TEI preténdese mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario