VII ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO:
ALZAMOS A VOZ CONTRA OS MICROMACHISMOS
O eixe do encontro será decir dun xeito alto e claro algún dos micromachismos contra os que loitar mediante un MEGÁFONO ESPECIAL persoalizado.Tanto os mestres/as como cada escolar terá un megáfono de cartón que servirá para, dun xeito simbólico, alzar a voz contra os micromachismos.O procedemento ou mecánica do encontró será “o teléfono escacharrado”Mediante este popular xogo, @s escolares coñecerán estes pequenos xestos sexistas ou machistas, xerando conciencia da importancia de coñecelos e recoñecelos para que sexan eliminados da vida coitidá.
Fanpa Ferrolterra entréganos o material para levar a cabo o programa FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA:
- Folleto informativo e formativo físico para traballar na aula cos contidos do Encontro.
- Megáfono persoalizado dirixido aos Mestres/mestras de fácil montaxe.
- Megáfonos persoalizados para cada escolar que tamén deberán montar na aula e dun xeito máis sinxelo.
MOITAS GRAZAS POLA INICIATIVA!







.jpg)




No hay comentarios:
Publicar un comentario