viernes, 30 de noviembre de 2018

BENVIDOS PROFES GALESES!

Un ano máis recibimos a visita dun grupo de mestres/as de primaria galeses, que gracias ao Proxecto Erasmus+, vistan a nosa cidade estes días con fines docentes e de formación a través do CFR (Centro de Formación e Recursos).
O obxectivo desta visita é coñecer in situ os proxectos levados a cabo no noso colexio co aprendizaxe cooperativo na etapa de E. Infantil e na E. Primaria.
A nosa coordinadora do cooperativo e mestra de Infantil, Mercedes Prin, foi a encargada da formación destinada aos profes galeses. Explicoulles as estructuras e dinámicas utilizadas no aprendizaxe cooperativo.
Tamén visitaron as aulas para ver in situ as diferentes dinámicas utilizadas polos alumn@s:
 En 1º de primaria,"Opinións enfrontadas". En 3º, "Folio xiratorio" e "Lectura compartida". En 6º "Lápises ao centro".
 Unha vez rematada a sesión de formación impartida por Mercedes...
 ...Rapaces de 4º de Primaria amosaron o seu traballo cooperativo finalizado e o representaron co Kamishibai (teatriño xaponés) aos pequerrechos de Infantil na biblioteca...

 O noso grupo de pandereteir@s animaron a mañá aos nosos invitados galeses...

Podedes escoitar a actuación no seguinte vídeo...

Para nós foi un pracer e unha interesante experiencia compartir o noso traballo cos mestres e mestras galeses. 

MOITAS GRAZAS POLOS AGASALLOS E POLA VOSA VISITA!

miércoles, 28 de noviembre de 2018

IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS

Os pasados días 9 e 10 de novembro, membros do equipo da biblioteca, asistimos ás IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia en Santiago de Compostela...

                    IX Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia

Se premedes no enlace anterior poderedes ollar as conferencias, presentacións, vídeos e proxectos presentados nas xornadas.

Gustaríame destacar a presentación de Paola Guimeráns, artista, educadora e tecnóloga creativa, polo seu orixinal traballo con E-téxtiles no espazo creativo das bibliotecas.

       PRESENTACIÓN DE PAOLA GUIMERÁNS



lunes, 26 de noviembre de 2018

PERCUSIÓN ASTURIANA

Hoxe estivo connosco Jonathan, profesor asturiano de canto, percusión e baile...
  Deunos unha charla en bable sobre a introdución á música tradicional asturiana dende o punto de vista da percusión...
 Explicounos as diferenzas entre a pandereta e o pandeiro.
 O pandeiro é cadrado e trouxéronno os árabes. 
 A pandereta é redonda con ruxideiras e trouxeronna os romanos.
E que ben soaron as castañuelas!...como cabalos galopando pola biblioteca.
Pero o máis divertido de todo foi o "Baile bolero asturiano", que é un baile con xogo...


No baile bolero sempre hai unha persoa no centro sen parella e os demáis, en corro, deben intentar non quedar sen ela cando o baile pasa de solto a agarrado.
Ollade nestes vídeos o ben que o pasaron os de Primaria...





Os de Infantil tamén disfrutaron moito co baile bolero...


 Secundaria tamén bailou con Joni ...

Moitas grazas Joni!!!

Moitas grazas ANPA!!!

viernes, 16 de noviembre de 2018

ASTRONOMÍA NA BIBLIOTECA

Paulino Gasalla, da Sección de Astronomía da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) visitounos hoxe para falar de Astronomía aos rapaces de 3º e 4º de primaria...
Comenzou a charla explicando que de día non vemos as estrelas porque a luz do Sol ilumina o aire que respiramos e impídenos velas. O que vemos brilar, as veces, é o planeta Venus que parécenos unha estrela.
Amosounos as constelacións e os preciosos nomes das estrelas. Algunhas xa as coñecíamos, como a Osa Maior e a Osa Menor...
E por que se chaman así a osa maior e a menor?...Pois porque hai moitos anos, uns 5000 anos, víanse moi ben as estrelas pola noite e deitábanse a descansar, por exemplo no deserto,  observaban as estrelas e atopaban parecidos con figuras...
 Imaxinaban o ceo cheo de figuras: un lince, unha xirafa, un camelo, as osas, un cisne, a raposa...Mi madriña, cantos animaliños!
 E qué pasa en 24 horas?...Rota o ceo?...A estrela Polar sempre no centro, non se move e parece que o resto de estrelas sí. O que pasa en realidade é que movémonos nós, na Terra.
 Os rapaces fixeron moitas preguntas interesantes a Paulino.
Denís preguntoulle polo Cinturón de Orión e Irene quería ver a constelación de Xéminis...
Paulino contou a historia de Orión: Era un cazador, leva unha maza na man e no cinto de Orión colga unha espadacoa que parece defenderse dun touro.
Amosounos tamén a nebulosa roseta...
De que cores son as estrelas?...son brancas, azuis, amarelas e vermellas/alaranxadas.
Como son de grandes as estrelas?...Pois se comparamos Arturus co Sol, é moito máis grande, pero quédase pequeno comparado con Antares e éste con Pistol Star que é súper súper xigante
Lucas preguntoulle se existen os buratos negros...Pois si que existen. Un burato negro atrae todo, de ahí non pode saír nada, quedas como pegado e todo vese negro porque non hai luz.
Ao final da interesante charla, Paulino animounos a tod@s a coidar máis o noso precioso planeta Terra e a estudiar moito para crear entre tod@s un mundo mellor.

MOITAS GRAZAS PAULINO!