miércoles, 21 de abril de 2021

Contos de 1º e 3º de Primaria

 Este ano escollimos dous contos de Ramón D. Veiga par ler e interpretar co alumnado de 1º e 3º de Primaria.

➤As nenas e nenos de 1º de Primaria leron o conto: "A araña que lles tiña medo ás arañas"  

A historia vai dunha araña moi intrépida que non lle tiña medo a nada ata que...Mellor dádelle ao play ;)

Non lles puido gustar máis!
Tamén teceron teas de araña con moita paciencia coma a nosa protagonista...


➤ En 3º de Primaria leron "Meigas fóra!"

Unha historia, que como di o seu autor Ramón D. Veiga, é un canto á liberdade...

Nesta ocasión, rapaces e rapazas de 3º, representaron o fermoso conto nun paraugas.
Tedes todo o proceso premendo no enlace do blog: Paraconto: Meigas fóra!

Eles tamén fixeron un vídeo na biblioteca, aquí o tedes...


Estamos desexando que chegue o venres para celebrar o día do libro co creador destas historias tan marabillosas...Vémonos axiña, Ramón!

No hay comentarios:

Publicar un comentario