sábado, 24 de abril de 2021

NA BUSCA DAS PERSONAXES ACOCHADAS NA BIBLIOTECA


 O día 23 de abril conmemoramos o día do libro, e para os alumnos de 4º curso de Educación Primaria do Colexio Valle Inclán foi un día ben distinto ós outros.

A nosa profesora Fabiola díxonos que as personaxes do libro que léramos na segunda avaliación acocháranse na biblioteca. 

Preguntarédesvos que personaxes e de que libro? 

 Pois ben este é o libro:

Premede no enlace para que os alumnos  vos den máis información sobre el:  https://youtu.be/91BKeUB4Kz4

E estas son as personaxes (debuxadas polos alumnos).

E se premedes nos nomes aparecerá o mesmo que se pode ver e escoitar ao escanear os códigos QR

        
      





Mari




                         
                                                                                  As tías


E como é iso de que as personaxes dun libro se acocharan na biblioteca?

En forma de códigos QR. 

Así que os nenos e nenas trouxeron tablets e móbiles e puxéronse á búsqueda....














Foi interesante ver aos alumnos tan motivados buscando os códigos, escaneando e observando o que fixeran; e por su posto moi gratificante para eles poder ver o seu traballo final dun xeito distinto ao que estaban acostumados.

En xeral todo o traballo relacionado co libro foi moi produtivo porque serviunos para traballar a lectura, a expresión oral, o debuxo, aprender a crear códigos QR a partir dun vídeo, a descargalos... Pero tamén algo que nos gustou moito:  permitiunos  coñecer, aínda que fora dun xeito virtual, a autora do libro, Rosa Aneiros.

Sen dúbida mereceu a pena!


Por outra banda, os nosos códigos tamén apareceron no mural que había no corredor e aproveitamos para ver os códigos dos libros que leron nas outras clases de primaria.






No hay comentarios:

Publicar un comentario