O pasado luns veu á biblioteca a escritora Rosa Aneiros para falarnos do seu libro, "Xelís, o guieiro das botellas de mar"que rapaces e rapazas de 5º e 6º están a ler nestre trimestre...
Rosa é de Meirás-Valdoviño, e comentounos que nalgunhas das súas obras están presentes lugares coñecidos da comarca.
Falounos dos curiosos personaxes da súa novela e dos problemas medioambientais que estamos a vivir na actualidade.
Logo de firmar os exemplares dos rapaces, fixéronlle unha entrevista para a nosa Radiovalle que próximamente subiremos...
MOITAS GRAZAS ROSA POLA TÚA VISITA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario