Ángeles e Juana, da Asociación de Ferrolterra de Mediación foron as encargadas de explicar o significado de mediación a través dun conto e dunha escenificación práctica dun caso de mediciación...
Co conto todo@s participan e aprenden a escoitar para poder entender á outra persoa e resolver o problema sempre con respeto...
Alex e Dani escenifican o conflito que supón que os dous queran a mesma laranxa...Entre tod@s intentan resolver o conflito facendo unha morea de preguntas, ata que ao final resólvese, falando pacíficamente, o problema.
Magnífico proxecto de difusión da cultura da mediación!
Moitas grazas Ángeles e Juana polos contos, marcapáxinas e por traer o voso fermoso proxecto de mediación ao noso cole...
Parabéns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario