martes, 4 de junio de 2019

VISITA DE PROFESORES RUMANOS - PROXECTO ERASMUS

Hoxe demos a benvida a un grupo de profesores e profesoras procedentes de Rumanía que desprazáronse a Ferrol nun proxecto Erasmus organizado polo CFR da nosa cidade.
Durante a súa visita coñeceron a posta en marcha da Aprendizaxe Cooperativa impartida no noso cole dende hai tres anos...
Con este método de traballo preténdese ensinar a Cooperar para Aprender e a Aprender Cooperando.

Na primeira parte da visita puideron observar como o alumnado de 6º de primaria, a través de diversas estructuras cooperativas, realizaba un kamishibai para logo expoñelo e contalo na biblioteca ao resto do alumnado máis cativo.
 
 

Na clase de 4º de Primaria viron como resolveron exercicios de matemáticas coa estrutura de lápises ao centro: 4 exercicios de estadística e probabilidade...
No recreo asistiron á representación dun conto en inglés co kamishibai por parte dun grupo de alumnos de 4º de Primaria na biblioteca. Os pequerrechos de infantil interactuaron en inglés, mostrando así os seus logros na inmersión lingüística...Somos plurilingües!...
Tamén escoitaron unha mostra da nosa música tradicional a través das pandereteir@s...
 A continuación tiveron un "Teacher training", onde o profesorado do centro explicáronlles como a través da aprendizaxe cooperativa se realizaron diversos proxectos ao longo do curso...
 Para finalizar, visitaron as aulas de infantil. Na clase de 4-5 anos, coa profesora Silvia, fixeron un puzzle coa estrutura do folio xiratorio...
E na clase dos máis pequerrechos, fixeron coa profe Mercedes, a dinámica da pelota dicindo en primeiro lugar o seu nome e logo algo positivo do seu compañeiro sentado ao seu lado...
Unha vez máis, dende o centro, sentímonos moi satisfeitos de que o noso sistema de traballo sirva de modelo para profesorado procedente doutros países.










No hay comentarios:

Publicar un comentario