"Historia da bicicleta dun home lagarto"
Unha vez máis, a gran escritora Fina
Casalderrey visitou a nosa biblioteca.
Foi o luns, día 6 de maio cando
novamente, Fina, nos deixou a todos boquiabertos coas súas historias e o seu bo
facer.
O
motivo desta agradable visita foi falar coas nenas e nenos de 5º e 6º de
primaria sobre os libros de lectura obrigada do segundo trimestre, posto que en
ámbolos dous cursos eliximos cadanseu libro desta grande das nosas letras.
Os
libros resultaron ser todo un éxito de crítica, algo moi difícil cando se trata
de lecturas obrigadas. Pero tanto A lagoa das nenas mudas como A historia da bicicleta dun home lagarto fixeron as ledicias de todas e todos nós. Foi moi interesante descubrir quen
estaba destrás das dúas protagonistas da primeira das historias, así coma
coñecer a historia da bicicleta da que se nos fala na segunda novela. Fina
contounos que esa bicicleta está exposta no Museo de Telefónica en Madrid.
Rapazas de 6º facendo a entrevista a Fina para a nosa Radiovalle
Interpretación co kamishibai de "A historia da bicicleta dun home lagarto"
Coma
sempre, é un gusto poder contar coa visita desta xenial escritora que, sempre
leva por bandeira a Galicia, ao galego e, por suposto, á súa profesión: Fina
exerceu como mestra durante 40 anos da súa vida. E isto imprime carácter!!!
MOITAS GRAZAS, FINA
No hay comentarios:
Publicar un comentario