miércoles, 16 de enero de 2019

VISITA DE SOGAMA

Reduce, reutiliza e separa para reciclar...
Este é o lema de SOGAMA que, a través da iniciativa da nosa ANPA, colabora connosco para instruirnos e concienciarnos da necesidade e importancia da reciclaxe...
Sempre comprometidos co noso futuro e o de Galicia.

O Departamento de Comunicación de SOGAMA anuncia a visita ao noso centro da monitora Catuxa...Alumnado do CPR Valle Inclán instrúese na reciclaxe da man de Sogama

E hoxe, Catuxa, deunos a interesante charla na biblioteca  en varias sesións formativas destinadas ao alumnado de 6º de Primaria, 1º,2º e 3º da ESO...
Catuxa tratou de concienciar a tod@s do gran problema que nos está a asexar hoxe en día pola gran cantidade de residuos que a nosa sociedade está a producir...
 Con ela aprendemos a diferenciar os colectores de recollida selectiva de lixo que nos podemos atopar, así como saber cales son os residuos que debemos derivar a cada un deles.
 Agora xa sabemos que o amarelo só é para ENVASES. Polo tanto, un cepillo de dentes, aínda que sexa de plástico, nunca debe ir a este colector. Debemos depositalo no xenérico.
Tamén deixounos moi claro que ao colector azul só debemos botar papel limpo. Por iso, un cartón dunha pizza ou un pano con mocos, deben ir ao xenérico. Nunca ao azul.

Grazas a Catuxa, tamén sabemos que en Sogama só tratan o lixo das bolsas amarela e negra.

Coa nosa amiga, e grazas á iniciativa da ANPA de poñer recolectores selectivos no cole, volvemos a tomar conciencia da Regla dos 3RRR...

Reducir, Reciclar e Reutilizar
Pero tamén quedounos claro outro R moi importante...

       ...REFLEXIONAR  






Para máis información podedes entrar na web de Sogama
Tedes unha morea de Xogos interactivos escolares
E podedes ver divertidos vídeos dos "Bolechas"

A noticia da charla dende o Diario de Ferrol

No hay comentarios:

Publicar un comentario