jueves, 8 de noviembre de 2018

INDO PARA O SAMAÍN

Esta semana, Sabela Romero Veiga, de 2º de Primaria, abraiounos a todos co seu conto para o kamishibai da biblioteca...
INDO PARA O SAMAÍN
É unha historia dunha pequena e retorta cabaza que quería ir á festa do Samaín, pero un grupo de tres amigos desprezárona pola súa apariencia. Co que non contaban eses nenos era co teimuda que era a cabaciña e coa súa perseveranza.
Tras un longo camiño cheo de aventuras, a nosa amiga chegou a Cedeira, onde tivo oportunidade de participar no pasarrúas do Samaín da man dun neno e un avó que, con moito agarimo e unha chea de imaxinación, labráronna e conseguiron facer dela unha arrepiante cabaza.
Foi así como a pequena e retorta cabaza puido escorrentar a aqueles que a desprezaran, aos berros de 
- RABUDOS!!! RETORTOS!!!
 
Hoxe Sabela, axudada por Manuela, Abril e a súa compañeira Uxía, contárono para alumn@s de 3º e 4º que quedaron admirados e encantados co bo traballo feito por Sabela...
 Os pequerrechos de Infantil tamén o escoitaron con moitísima atención...
Que grande Sabela!







No hay comentarios:

Publicar un comentario