O obxectivo desta visita é coñecer in situ os proxectos levados a cabo no noso colexio co aprendizaxe cooperativo na etapa de E. Infantil e na E. Primaria.
A nosa coordinadora do cooperativo e mestra de Infantil, Mercedes Prin, foi a encargada da formación destinada aos profes galeses. Explicoulles as estructuras e dinámicas utilizadas no aprendizaxe cooperativo.
Tamén visitaron as aulas para ver in situ as diferentes dinámicas utilizadas polos alumn@s:
En 1º de primaria,"Opinións enfrontadas". En 3º, "Folio xiratorio" e "Lectura compartida". En 6º "Lápises ao centro".
Unha vez rematada a sesión de formación impartida por Mercedes...En 1º de primaria,"Opinións enfrontadas". En 3º, "Folio xiratorio" e "Lectura compartida". En 6º "Lápises ao centro".
...Rapaces de 4º de Primaria amosaron o seu traballo cooperativo finalizado e o representaron co Kamishibai (teatriño xaponés) aos pequerrechos de Infantil na biblioteca...
O noso grupo de pandereteir@s animaron a mañá aos nosos invitados galeses...
Podedes escoitar a actuación no seguinte vídeo...
Para nós foi un pracer e unha interesante experiencia compartir o noso traballo cos mestres e mestras galeses.
MOITAS GRAZAS POLOS AGASALLOS E POLA VOSA VISITA!