miércoles, 27 de junio de 2018

EMOTIVA DESPEDIDA

Éste vaise i aquel vaise, e, todos, todos se van...

  Emotiva despedida aos alumn@s de 4º da ESO na biblioteca...




Ata sempre rapaces!!!

martes, 12 de junio de 2018

INTERCAMBIO CON "MI CASA"


O pasado 29 de maio visitamos a Residencia "Mi casa" para presentar o noso proxecto "Elas sempre pintan moito" co kamishibai, e hoxe devolvéronnos a visita varios membros da residencia para mostrarnos o seu proxecto "Abuelas en RED" (Recursos Estimulativos Didácticos)
En primeiro lugar, Adriana presentounos aos artífices do proxecto... 

 Explicáronnos que entre todos crearon dous cortos de cine que teñen como temática China: "El restaurante chino" e "Unha aldea de China" 
Unha vez visionados os cortos os rapaces fixeron unha morea de preguntas aos protagonistas e a súa monitora Adriana.
Este enriquecedor intercambio axúdanos a reflexionar sobre a terceira idade e tratar de evitar prexuicios e estereotipos sociais.
O saúdo de despedida foi entrañable, rapaces e maiores amosáronse moi cariñosos entre eles...

 


 Intentaremos volver a vernos e, se cabe, argallar algún futuro proxecto xuntos...

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

lunes, 11 de junio de 2018

VISITA DE CASAGA - CONCURSO CANVIVINDO

Un ano máis tivemos a sorte de contar na biblioteca e no patio do cole con dous membros da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia CASAGA, Alejandro Barreiro e Sergio...
                                                                             
                                                                            
                                                                             Vinculada a esta actividade, o Concello
de Ferrol presentounos o segundo concurso escolar de debuxo "Canvivindo".
A iniciativa forma parte dun proxecto de comunicación social para dar a coñecer o contido da nova ordenanza e deste xeito sensiblizar aos rapaces en pro dunha convivencia responsable. 





Alumn@s de 3º,4º e 6º de Primaria asistiron en primeiro lugar a unha charla para dar a coñecer algúns aspectos básicos de dita ordenanza municipal, mostrar o rechazo cara o maltrato animal e amosar os coidados e obligacións a ter en conta cunha mascota. Tamén falounos Alejandro do cometido social dos cans, para que non os vexan soamente como mascotas para xogar....
 Alejandro e Sergio estiveron todo o tempo acompañados por Arnold, un precioso can que aínda é noviño pero que ten trazas de ser un gran rastreador.

Unha vez rematada a charla, Sergio e Alejandro realizaron unha exhibición cos perros de búsqueda no patio cuberto...Esta é a parte máis divertida, asombrosa e preferida por tod@s...
En primeiro lugar tocoulle ao aprendiz Arnold atopar a Sergio que estaba agochado detrás dun dos contenedores...
Arnold atopou a Sergio de contado.
A seguinte actuación precisou de varios intrépidos voluntarios que se meteron nun dos contenedores, coa axuda de David, Alejandro e Jose. E así caladiños e agochados esperaron a outro can experto en rescates, que xa viñera a visitarnos o ano pasado, Thor...
                  Axiña os atopou...Era visto!!!
E por último tocoulle o turno a Anca, un precioso pastor belga que con moita enerxía e rapidez atopou a outros valentes grupiños agochados nos contenedores...
 Ver as caras de asombro e as risas nerviosas dos rapaces fainos comprender que ista é a mellor maneira de transmitir os valores que esta campaña informativa ten como obxectivo
        MOITAS GRAZAS ALEJANDRO E SERGIO!
GRAZAS CASAGA E CONCELLO POR ESTA INICIATIVA!


                                       VOLVEREMOS A VERNOS
E así debuxaron os alumn@s de 3º aos cans de salvamento e a xornada de hoxe...
 

 

 

 

 

 

jueves, 7 de junio de 2018

MURAL BARRIO DA MAGDALENA- PROXECTO TERRA


Iníciase o mural na biblioteca debuxando, coloreando e recortando pezas dun lado e de outro para recompoñer a cuadrícula do noso barrio da Magdalena....

 
 



 

No transcurso do curso, engádense detalliños....
 Capuchonciños na semana Santa....
   Pacharita co seu Ferrolmola da Rúa do Carmen
...e planos e fotos que fixéchedes dos edificios modernistas emblemáticos do barrio.
Deunos moito choio pero o resultado foi fantástico!!!