miércoles, 18 de octubre de 2017

Novas dende a Rede Lecturas de Bibliotecas Escolares

Onte foi inaugurada a exposición do Pergamiño Vindel, o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códaxque se poderá visitar no Museo do Mar de Galicia, en Vigoaté o 4 de marzo de 2018.

O pergameo pertence actualmente á Morgan Library de Nova York, que llo cedeu á Universidade de Vigo para esta exposición, pero moitos foron os avatares que pasou o manuscrito, datado entre os séculos XIII ou XIV.
Este importante acontecemento pode dar pé a multiples traballos interdisciplinares coordinados desde a biblioteca escolar: liñas do tempo, estudo da literatura medieval, vinculación coa música, traballos de paleografía, selección de recursos...e por suposto, a visita á exposición do pergamiño, que está acompañada de 50 pezas de arte vinculadas á temática.

No hay comentarios:

Publicar un comentario