jueves, 9 de febrero de 2017

O ELEFANTIÑO PREGUNTÓN

 Hai moitos anos, os elefantes tiñan un nariz pequeno ...
...o elefantiño preguntón quere saber o que comen os crocodilos. Pregunta aos animais que atopa pero ninguén o sabe e a todos lles molesta que faga sempre a mesma pregunta...

Un oso gruñón e amolado porque o esperta da súa sesta, o manda ao río porque alí hai un tronco que sabe a resposta a súa pregunta..
O inxenuo elefantiño achégase ao tronco para preguntarlle o que comen os crocodilos e ZAS!
Non era un tronco, era un crocodilo esfameado que lle atrapa o nariz e tira cara o río por el. O elefantiño tira forte para fora e o crocodilo para dentro...e de tanto tirar o nariz estirou e estirou tanto que case lle chaga ao chan. Os outros elefantes rinse del cando lle ven o nariz tan longo. Pero o elefantiño demóstralles as cousas novas que pode facer co seu nariz: Pode coller as froitas das ramas altas, pode sorber auga para bebela, pode sorber auga para ducharse e pode apartar as ramas do camiño co seu nariz longo...os elefantes senten envexa e queren ter un nariz coma a del...entón o elefantiño mándaos ao río para que se acheguen ao tronco e..ZAS ZAS ZAS...
Contan que dende aquel día, todos os elefantes teñen o nariz longo.
Sabedes como se chama o nariz dos elefantes?...
 fin
 
 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario