lunes, 3 de junio de 2024

GUÍA DE LECTURA DE VERÁN

 Unha morea de libros dixitais recomendados para o verán, so tedes que premer no seguinte enlace e escoller un libro dixital...

LECTURA DIXITAL NA BIBLIOTECA

Podedes entrar tamén no catálogo completo de lecturas

Premio dos Clubs de Lectura 2024:

Arantza Portabales

Recoñecemento a Arantza Portabales, premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23.

 

ELBE.2 convídache a ler varias das súas obras.

 

                                   LIBROS DE ARANTZA PORTABALES

miércoles, 29 de mayo de 2024

CLUB DE LECTURA 6º PRIMARIA

 O alumnado de 6º de primaria, despois de ler e traballar neste fermoso libro de Andrea Maceiras, rematan o club de lectura cunha estupenda actividade na que mesturan a capacidade de síntese e a plástica facendo un libro-botón.






Eva Veiga Graña, a titora de 6º, adaptou o texto do libro de Andrea Maceiras á fonte OPENDYSLEXIC ,fonte diseñada para mitigar algúns dos erros na lectura causados pola dislexia. Xesto que agradeceu Andrea adicándolle unhas fermosas palabras.

                 MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!!!

martes, 28 de mayo de 2024

A AVENTURA QUE ME ESPERA

Descubrindo a ciencia e a tecnoloxía

 Para o vindeiro 7 de xuño, a asociación AMIT, organiza unha xornada no Gaiás, para dar a coñecer diferentes roles laborais onde se combinan a ciencia e a tecnoloxía.
Participarán 10 mulleres que traballan en diversos campos.
Para obter máis información, premede nos seguintes enlaces:

domingo, 19 de mayo de 2024

PREMIO Á COMPLEXIDADE E ELABORACIÓN - EDUC. VIAL FERROL

 A rapazada do 2ºciclo de primaria recibe o premio á complexidade e elaboración no 1º concurso de ideas organizado pola Concellería de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol. Toda primaria colaborou neste laborioso proxecto, tanto alumnado como profesorado, e os rapaces gañadores quixeron compartir a súa ledicia na bilioteca con "berros" de agradecemento....MOITAS GRAZAS A TODOS!!! 










                             ENLACE AO PROXECTO