miércoles, 30 de octubre de 2024

lunes, 28 de octubre de 2024

GUÍA DE LECTURA NO SAMAÍN 2024

INFANTIL/PRIMEIROS LECTORES:

"Horripilantes" é un libro infantil publicado por Ed. Tres patas y pico, que reúne 16 historias curtas de ficción, humor negro e terror para nenos e nenas. Pasen e vexan os seres “horripilantes” que habitan neste libro. Dezaseis personaxes tan arrepiantes coma divertidos e tan monstruosos como entrañables. Un esquelete ao que lle gusta bailar break dance, unha momia que busca o seu disfraz ou un zombi que perdeu o seu cerebro son tan so uns exemplos da monstruosidade que vos espera dentro das súas páxinas. ¡Advertímosvos de que calquera cousa é posible! Estas dezaseis historias non poden faltar na noite de Samaín, se querdes disfrutar dun maratón de gargalladas, pero tamén vos poden acompañar en cualquera época do ano porque, a quen no lle gusta un bo conto de monstruos? Ou dous, ou catro, ou dezaseis. O libro reúne a un total de 30 escritores/as e ilustradores/as, cada un co seu estilo propio. 

"Un regalo monstruoso"
 Hoxe é a Noite Mundial do Terror, que reúne nun lugar moi afastado e segredo aos nove personaxes máis malvados que existen. Para a ocasión, o famoso chef Lotten Gocrudo preparou o seu mellor cátering. É medianoite: hora de abrir os regalos! Acompaña á bruxa, ao trol e aos demais monstruos a abrir os seus paquetes levantando as tapas: forno para nenos, catapulta demolición… Xoguetes ao gusto de cada convidado. Pero hai un último paquete. E se fora unha trampa?





INFANTIL E XUVENIL:



 "Anna KADABRA"

Anna e o resto de aprendices están emocionados. Tócalles ser os anfitrións do próximo festival de bruxería! Pasarán xuntos unha fin de semana na mansión encantada, coñecerán a un montón de magos… e competirán cos demais clubes para intentar gañar o premio máis importante: a gran variña de ouro!

 



"FANTASMADA"

Cinco contos, cinco autores, cinco cidades e MOITAS PANTASMAS. Diego Arboleda, Ana Campoy, Ledicia Costas, Patricia García-Rojo e O Hematocrítico, cinco dos autores máis relevantes da literatura infantil española, reúnense neste libro para sorprender, divertir e intrigar ao lector con cinco fantasmais relatos. Pantasmas no cemiterio de Vigo, no valenciano Jardín del Turia, no conservatorio de Jaén, e nunha vella casa da Coruña e incluso na Biblioteca Nacional.






➤ XUVENIL:

"LOS FANTASMAS FAVORITOS DE ROALD DAHL"
Los fantasmas favoritos de Roald Dahl, é un libro de relatos de medo e misterio con pantasmas, recopilados polo escritor Roald Dahl  publicado por Blackie Books.

«Las buenas historias de fantasmas, al igual que los buenos libros infantiles, son tremendamente complicadas de escribir. Yo mismo soy escritor de relatos, y aunque llevo cuarenta y cinco años ejerciendo y siempre he deseado escribir una sola historia de fantasmas decente, nunca he logrado sacarla adelante. Y bien sabe Dios que lo he intentado. En una ocasión creí que lo había conseguido. Fue con un cuento que ahora se titula «La patrona». Pero cuando lo terminé y lo examiné detenidamente, comprendí que no era lo bastante bueno. No lo había logrado. Yo no tenía ese don, y punto. Así que al final cambié el final y lo transformé en una historia de no fantasmas. Desde 1958, año en que llevé a cabo mi investigación sobre las historias de fantasmas, he seguido leyendo todas las nuevas que han ido llegando hasta mí. Puede que se me hayan escapado una o dos, pero nada de lo que yo haya visto publicado desde entonces se ha acercado siquiera al nivel del selecto grupo de este libro. Espero que estas historias de fantasmas les resulten espeluznantes. Que les den escalofríos y perturben sus pensamientos. Fueron escritas precisamente con ese objetivo.» ROALD DAHL

 


"Carmilla"

“Pensarás que son cruel e egoísta, Laura, pero o amor é egoísta por natureza. E canto máis apaixoado, máis o será. Non imaxinas o ciumenta que estou. Debes de vir comigo e amarme ou odiarme ata a morte, pero seguir comigo”. Así expresa Carmilla, a vampira adolescente que protagoniza esta novela, os seus sentimentos cara a xove da que está profundamente namorada. Esta novela breve, que data de 1872, combina o terror gótico e o romance con certos toques de erotismo, á vez que aposta pola representación do vampiro a través dun personaxe feminino e lésbico. Idade recomendada: a partir de 14 anos. 

 

 


lunes, 14 de octubre de 2024

O CONTEDOR MARRÓN

                     Dende Sogama achégannos unha nova edición do programa educativo 

Caderno verde/contedor marrón 

Recibimos unha guía didáctica centrada no novo contedor, o marrón, que xa está presente en varios concellos.

No mesmo debemos depositar a materia orgánica, sempre en bolsas compostables. Unha vez recollida esta fracción por parte do servizos municipais, transpórtase a unha planta de tratamento de biorresiduos para a súa conversión en compost, un abono natural con posteriores aplicacións na agricultura e xardinería.

 

A ficha está recomendada para o alumnado de 2º e 3º de primaria, aínda que tamén é de útilidade para o 1º ciclo de secundaria.