sábado, 11 de mayo de 2024

CHARLA DE MARÍA JESÚS MOVILLA- A MULLER COMO ENFERMEIRA E CIENTÍFICA

 A doutora Mª Jesús Movilla Fernández visitou a nosa biblioteca para charlar cos rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria sobre"A muller como enfermeira e científica"

A Dra Mª Jesús Movilla é profesora na Facultade  de Enfermaría e Podoloxía no Campus de Esteiro en Ferrol. Tamén é socia de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas) e nós pedimos a esta asociación que viñera a dar unha charla ao 2º ciclo de primaria para falarnos da súa profesión, a evolución da enfermaría ao longo da historia e dalgún dos inventos tan útiles e prácticos que inventaron algunhas mulleres olvidadas para que, con esta charla, Mº Jesús as lembrara e valorara como ben merecido o teñen estas mulleres, inventoras e científicas.

Do libro "ENFERMERAS INVISIBLES" falounos de JEAN WARD, enfermeira inglesa que observou que os recén nacidos colocados preto da fiestra melloraron a súa cor coa luz solar. Comentou a súa investigación cos médicos e logo dalgúns estudos quedou establecida a primeira unidade de fototerapia no ano 1958

Outro exemplo de muller inventora e científica, ANN MOORE , esta enfermeira inventou a primeira mochila portabebés moderna ergonómica.
ANITA DORR, enfermeira americana que inventou o "Carrito de parada" importantísimo para non perder tempo e ter todo o instrumental a man onde faga falta e levalo con rapidez dun lugar a outro.

FLORENCE NIGHTINGALE, enfermeira, escritora e estadística británica que destacou en Matemáticas e sentou as bases da profesionalización da enfermaría. Atendeu a moitos feridos na guerra de Crimea que melloraban coas súas pioneiras medidas hixiénicas e de alimentación.

Mª Jesús indicounos a importancia de secar ben as mans despois de lavalas porque a humidade é boa para que se propaguen xérmes e bacterias. Tamén nos advertiu de que ter restos de esmalte nas unllas tamén é perigoso porque favorece o crecemento deses xérmenes e bacterias perxudiciais.

QUE ENRIQUECEDORA E INTERESANTE A CHARLA DE Mª JESÚS!

MOITÍSIMAS GRAZAS EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA



VISITA DE DAVID RODRÍGUEZ AUTOR DE "SUPERAVOA

O alumnado de infatil recibe a visita de David Rodríguez, o autor de "Superavoa"


A avoa Rita garda un segredo. 

É unha superheroína! 

Se non fose por ela e os seus superpoderes,

 o mundo viríase abaixo. 

Un libro cheo de tenrura e de humor.


David Rodríguez contou e cantou na biblioteca para os pequerrechos as fantásticas aventuras da superavoa...







martes, 7 de mayo de 2024

Decoración Biblioteca

 En el mes del libro, los alumnos y alumnas de 6° de Primaria elaboran unas letras para la decoración de la biblioteca. Un bonito recuerdo que queda de su paso por esta etapa.








jueves, 2 de mayo de 2024

viernes, 26 de abril de 2024

ABRIL MES DO LIBRO - ACTIVIDADE 6º DE PRIMARIA

                   HAIKUS NUN PAI PAI

Alumnado de 6º de primaria crea HAIKUS nun pai pai

Un haiku es un tipo de poesía breve japonesa, consta de tres versos de 5, 7 y 5 sílabas respectivamente. Normalmente el tema es la naturaleza.

Un haiku é un tipo de poesía curta xaponesa, consta de tres versos de 5,7 e 5 sílabas respectivamente. Normalmente o tema é a natureza.







                      LIBRO PAI PAI

miércoles, 24 de abril de 2024

VISITA DE PABLO NOGUEIRA


Visita do escritor Pablo Nogueira para charlar sobre o seu libro "Ringo. Memorias dun coello fedello", lectura deste trimestre dos rapaces e rapazas de 3º de primaria 







23 ABRIL- "LA FAMILIA DE LOS DEDOS"

El 1º ciclo de primaria celebra el Día del Libro con el cuento "La familia de los dedos"