domingo, 29 de enero de 2023

DÍA DA PAZ 2023 - PROXECTO PICASSO

Artistas pequerrechos de infantil, de primaria e da ESO déronlle forma ás dúas versións do Guernica para o noso "Proxecto Picasso 2023...50 anos ausente"
GUERNICA FELIZ = GUERNICA CON PAZ






















jueves, 19 de enero de 2023

VISITA FORZAS ARMADAS 2023 PARA 3º E 4º DA ESO

 Dentro das actividades programadas polo Departamento de Orientación dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO,  para dar a coñecer as diferentes opcións académicas e profesionais, recibimos este mércores a visita de dous militares da Armada que nos explicaron con gran profesionalidade o desenvolvemento da Carreira militar...






domingo, 15 de enero de 2023

lunes, 9 de enero de 2023

CENTENARIO PASAMENTO DE MANUEL MURGUÍA

 MATERIAL DIDÁCTICO CENTENARIO DO PASAMENTO  DE MANUEL MURGUÍA



O vindeiro 1 de febreiro cúmprese o centenario do pasamento do escritor, historiador, fundador e primeiro presidente da Real Academia Galega, Manuel Murguía.

Un grupo de profesores de centros de ensino coruñeses elaboraron un paquete de actividades sobre Murguía destinado ao alumnado de primaria. Este material é o seguinte:

➤ Unidad Didáctica sobre Manuel Murguía

file:///C:/Users/Elena/Downloads/UD%20MANUEL%20MURGU%C3%8DA.pdf

➤  Actividades interactivas en formato Genially:

https://view.genial.ly/635ec5a8c119af0019de9365








miércoles, 14 de diciembre de 2022

LAPIS VERDES - VISITA DE MIGUEL ANXO ROMERO

Hoxe tivemos a visita de Miguel Anxo Romero, o autor de "Unha ollada a Viladoce", libro agasallo para a rapazada de 3º de primaria que dende o Concello de Ferrol tivemos a sorte de recibir, en concreto dende a Concellería de Mercados e Consumo.

O libro de Miguel Anxo está ilustrado por Leandro Lamas e trata sobre a importancia de manter unha alimentación saudable baseada no produto local de proximidade e a necesidade de coidar e respectar o noso entorno a partir de pequenos xestos, como separar o lixo ou facer un uso responsable da auga ou da enerxía. o libro, ademais, contén varias actividades para traballar na aula.