domingo, 12 de noviembre de 2017

A CAMISETA DO CAPITÁN

Esta semana encheuse a biblioteca de helicópteros de rescate...
 Andrea Sixto conta a historia do barco e o capitán que naufraga con toda a tripulación un día de forte  treboada...pero dalle tempo a chamar aos helicópteros de rescate que salvan a toda a tripulación porque atopan a camiseta do capitán...
Os rapaces de 3 anos fixeron voar os seus helicópteros na clase...
Aquí vemos ao mesmo grupiño de 3º e 5º cos rapaces de 5 anos...

Paula de 6º, conta a mesma historia aos rapaces de 4 anos...os helicópteros chegaron dende 4º de Primaria cos pilotos: Dani, Martín, Adrián, Olalla e Diana...
O mesmo grupiño con 1º e 2º de Primaria...
 










jueves, 9 de noviembre de 2017

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a nosa obriga. 
 Peregrina Quintela Estévez Matemática. Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016 
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/colexio-valle-inclan-prepara-sua-participacion-nunha-nova-edicion-da-feira-galiciencia/20171108001321208074.html
Cinco proxectos do centro veñen de ser seleccionados para participar nunha vindeira edición da feira Galiciencia, centrada desta volta no tema da astronomía.
A través da ANPA, os alumnos están a desenvolver, no Club de Ciencias, os seguintes proxectos seleccionados:
“Somos lunáticos... mito ou realidade”, presentado por André Romero, Luísa López e Dani Plaza. Este proxecto, que foi gañador da última edición do Premio Luis Freire que todos os anos organizan os museos coruñeses, trata de averiguar que hai de certo en algunha das historias que falan sobre a lúa e os seres vivos.
"Modelo do ollo" Candela Souto e Abril Sixto son as autoras do traballo.
“Galaxia 3D” de Clara Grela e Saínza Rivas
“Desmentindo o zodíaco”, as alumnas Zoe Permuy Lobelos, Victoria Fajardo e Yaiza Pita tratan de demostrar que as datas asignadas a cada signo zodiacal non coinciden coas constelacións que están no ceo en cada momento do ano.
 “O telescopio de Galileo” de Andrea Sixto e Manuel Núñez, no que abordan aspectos históricos, astronómicos e científicos.
Ademais, os alumnos Antón Romero, Marta del Río e Manuela López, representarán ao colexio na fase final do concurso de desafíos ao cal accederon tras resolver varias probas.

                          MOITO ÁNIMO RAPACES...SODES O FUTURO!

Aquí tedes unha recompilación de recursos con materiais de ciencia en galego...

TEI - Titoría Entre Iguais

Neste curso continúase co Programa TEI de Titoría Entre Iguais cos alumnos de 3º e 5º de Primaria.
É un programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa, oriéntase a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias. Dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto á convivencia, conflicto e violencia, tanto física, emocional ou psicolóxica.
Básase na tutorización emocional entre iguais onde o respeto, a empatía e o compromiso son os pilares básicos do seu desenvolvemento nos colexios. Os alumnos de serán os titores dos de de Primaria...
Este ano a ANPA do noso cole tivo a iniciativa de participar no... 
Concurso REPSOL-Que fai o teu cole contra o bullyng?
E fixemos este vídeo explicando o noso Programa TEI.  Lembrades?...Un titor: un amigo, un compañeiro
Hoxe tivemos na biblioteca a primeira xornada de convivencia entre titores e titorandos...












viernes, 3 de noviembre de 2017

eduCANdo con Malibú

Malibú ten este recuncho dedicado ao seu proxecto solidario na Casa Grande de Xanceda. A cadeliña está moi contenta coa súa labor fomentando a adopción e loitando contra o abandono. Que boa iniciativa! 

Adriana veu hoxe á biblioteca con Malibú, unha cadeliña rescatada do abandono que agora vive feliz como profe para ensinar nos colexios.  Hoxe nós aprendimos con ela a ser máis responsables cos animais.









Os primeiros en recibila foron os rapaces de 1º e 2º de Primaria...

 
Estiveron atentísimos ás explicacións e moi cariñosos con Malibú...
Aprenderon a recoller ben a caca coas bolsiñas para non mancharse nadiña.
Logo tocoulles o turno aos de 3º e 4º de Primaria...
A cadeliña deixouse acariciar panza arriba ...


Algúns rapaces emocionáronse ao lembrar as súas mascotas...pero podedes estar tranquilos e contentos rapaces, porque seguro seguro que foron moi felices nos vosos fogares.







Logo dun pequeno descanso e paseíño con Malibú por fóra, tocoulles o turno aos compañeiros de 5º e 6º de Primaria...

 
Malibú quedou agotada

Pero aprendimos un chisquiño máis a ser responsables cos animais. E lembrade ben a ensinanza da profe Malibú...

GRAZAS MALIBÚ E ADRIANA POLO DIPLOMA...
 

...E POR FACERNOS EXPERTOS EN ANIMAIS FELICES!
Aquí tedes o enlace por se queredes saber máis de...MALIBÚ