jueves, 27 de octubre de 2016

24 de otubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

BIBLIOTECAS DO MUNDO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Biblioteca Abadía de Admont (Austria)

No Día das Bibliotecas, queremos visitar algunhas das bibliotecas máis impresionantes do mundo aínda que so sexa fotográficamente. Acompáñasnos?

Biblioteca Abadía Sant Gall (Suiza)
Biblioteca George Peabody, Baltimore (EEUU)
Biblioteca Interuniversitaria de A Sorbona, París (Francia)
Biblioteca do Mosteiro de O Escorial, Madrid (España)
Biblioteca do Pazo Nacional de Mafra (Portugal)
Biblioteca Pública de Nova York (EEUU)
Biblioteca Nacional da República Checa, Praga
Biblioteca Municipal de Stuttgart (Alemania)
Biblioteca do Trinity College, Dublín (Irlanda)

miércoles, 19 de octubre de 2016

O PAPAGAIO

                                  NOVO XORNAL
   Aparece un novo xornal en galego dirixido a alumnos de Primaria e Secundaria. Ten perioricidade mensual, 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
 Contén temas de actualidade, ciencia, tecnoloxía, arte, historia, etc...No tocante á sección de ciencia e tecnoloxía, está asesorado por científicos/as.
   O primeiro número xa está dispoñible na rede e o podedes ver pinchado aquí: O Papagaio


Este novo e interesante xornal está aberto á participación dos centros de ensino.



miércoles, 12 de octubre de 2016

BIBLIOTECA DE RECURSOS EDUCATIVOS

Neste enlace Biblioteca de Recursos Educativos  atoparedes unha morea de recursos que poden ser de interese para todos os membros da nosa comunidade educativa.

CHARLAS SOBRE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Remítovos o correo recibido dende a Biblioteca Municipal...

Ferrol, 11 de outubro de 2016

A Biblioteca Municipal de Ferrol comprácese en informalo/a sobre a conferencia "3 solucións inxeniosas a 3 retos tecnolóxicos marítimos actuais" que, dentro do I Ciclo de charlas sobre Divulgación científica: Imos Contar Ciencia, se vai celebrar o próximo xoves día 13 de outubro ás 19.30 h. na Sala Audiovisual (3º andar), a cargo deFernando Lago.
Agardamos que a información sexa do seu interese.

Reciba un cordial saúdo.



martes, 13 de septiembre de 2016

BENVIDA AO CURSO 2016-2017

Benvida ao novo curso....comparto o correo recibido dende a Biblioteca Municipal de Ferrol informando das novas actividades programadas para este curso...

Ferrol, 7 de setembro de 2016
A Biblioteca Municipal de Ferrol comprácese en informalo/a sobre as actividades que se van levar a cabo nos próximos meses:
Actividades que requiren inscrición previa:
Taller de escritura: todos os primeiros mércores de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. 20 prazas. Data de inscrición: a partir do 12 de setembro. Coordinadora: Luz María Leira Rivas.
Club de lectura de narrativa: todos os terceiros mércores de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. 20 prazas. Data de inscrición: a partir do 19 de setembro. Coordinadora: Norma Fariña Couselo.
Club de lectura positiva: todos os últimos mércores de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. 20 prazas. Data de inscrición: a partir do 26 de setembro. Coordinadora: Sabela Naranjo González.
Taller de teatro para mozos/as (12-15 anos): todos os primeiros e terceiros martes de mes, de outubro a maio, de 18.30 a 20.30 h. 15 prazas. Data de inscrición: a partir do 12 de setembro. Coordinador: Agustín Bolaños.
Actividades de entrada libre:
Club de lectura de poesía: todos os terceiros luns de mes, de 19.30 a 21.00 h. Entrada libre. Coordinador: Juan Carlos Valle, Karlotti.
Ciclo charlas: Aprender a ver cine II: todos os segundos luns de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. Entrada libre. Coordinadora: Pilar Freire Rodriguez.
Proxección de películas: todos os cuartos luns de mes, de outubro a maio, ás 18.00 h, con comentarios da coordinadora: Pilar Freire Rodriguez.
Ciclo charlas: Imos contar ciencia: todos os segundos xoves de mes, de outubro a maio, de 19.30 a 20.30 h. Entrada libre. Divulgadores: físicos, químicos, biólogos, enxeñeiros; Temas: universo, cosméticos, xenética, clima, mente, etc.)
Encontros para a práctica de idiomas: de 12.00 a 13.00 h. luns: inglés e martes: francés
Visitas guiadas pola Biblioteca baixo petición previa.
Actividades por invitación:
A hora do conto: venres alternos, de outubro a maio, de 18.00 a 19.00 h. Entrada por invitación. Narradores outubro-decembro: Cía Trinke-Trinke, Soledad Felloza, Raquel Queizás e Pablisimo.
Cando a inscrición sexa necesaria, farase presencialmente. Recordaranse as datas de inscrición de cada actividade e a retirada de invitacións segundo se vaian aproximando as datas. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 944 182.

Biblioteca Municipal de Ferrol
Praza de España, 2
15403 Ferrol
Tel. 981 944 182
biblioteca@ferrol.es
http://www.ferrol.es/biblioteca

jueves, 30 de junio de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS DE INFANTIL E PRIMARIA

Actividades de formación do uso da biblioteca para nenos e nenas de Infantil e Primaria pinchando na imaxe...

lunes, 13 de junio de 2016

CURSO 2015/16

Comienza el curso buscando información en la biblioteca sobre unas encantadoras protagonistas de un cuadro y de un rincón especial de Ferrol, escuchamos las fantásticas audioguías del Museo del Prado y mucho más. Iniciamos así nuestro proyecto anual "Proxecto Terra. O Dereito ao Hábitat: As Meninas de Canido"...LAS MENINAS

Na biblioteca tamén escoitamos as diferentes exposicións orais feitas polos alumnos e alumnas de 6º e visualizamos os seus vídeos relacionados coas Meninas de Canido ...PRESENTACIÓNS DE 6º

O coordinador de Astronomía da SGHN de Ferrol, Paulino Gasalla deunos unha interesantísima charla ...ASTROS NA BIBLIOTECA

O 24 de febreiro conmemoramos o 179 nacemento de Rosalía de Castro coa colaboración da Biblioteca Municipal e o Concello de Ferrol a través de Normalización lingüística....EU SON ROSALÍA

Na semana da prensa tivemos a oportunidade de charlar co impulsor das Meninas de Canido, Eduardo Hermida, e facerlle unha interesante enquisa para o noso periódico...ENQUISA A EDUARDO HERMIDA

En abril conocimos las aventuras de nuestro hidalgo caballero...400 AÑOS LEYENDO A CERVANTES

O escritor Pere Tobaruela falounos da súa colección de libros FORMIG4S que estivemos a ler este curso, dos seus proxectos e de todo o que lle aconteceu na súa estancia en Galicia...VISITA Á BIBLIOTECA DE PERE TOBARUELA

Nenos e nenas de 1º coñecen o cadro das Meninas de Velázquez...AUDIOGUÍA INFANTIL DO MUSEO DO PRADO

Contos interactivos para ler e escoitar en castelán ou galego...CÓNTAME UN CONTO


O promotor das Meninas de Canido, Eduardo Hermida, visitounos para falarnos da obra que iniciou en Canido, e que sigue avanzando coa colaboración de diversos artistas. Mostrounos un vídeo onde apreciamos a arte de todos os colaboradores...VISITA DE EDUARDO HERMIDA

A poetisa Yolanda Castaño estivo o venres pola mañá no colexio. Falounos do seu libro «Coller as rendas», recitounos as súas poesías, e asinounos os exemplares que lemos este curso...VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

2º de Primaria visita la biblioteca durante la clase de Educación en Valores para ver una preciosa película...Del Revés

Visitamos a biblioteca para descubrir a figura de Don Quijote, mediante a visualización de vídeos, debuxos, e libros infantís...DÍA DO LIBRO


Actividades de 2º para coñecer a figura e a obra de Manuel María...DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Celebración do día das Letras Galegas 2016 dos nenos e nenas de 2ºna biblioteca...ACTIVIDADES ONLINE SOBRE MANUEL MARÍA

 Rapaces e rapazas de 2º xogan na Biblioteca...XOGOS INTERACTIVOS
NUEVOS JUEGOS PARA PRACTICAR LA ESCRITURA
JUEGOS ONLINE PARA PRACTICAR LO QUE APRENDIMOS
PRACTICAMOS LAS HORAS DEL RELOJ

O 26 de setembro, Día internacional das Persoas Xordas, os rapaces de 1º e 2º tiveron na Biblioteca a oportunidade de coñecer a unha persoa xorda, que coa lingua de signos, e unha intérprete, da unha charla sobre a vida cotiá dun neno que non oe nada, e amosa un precioso vídeo...O SOÑO DE PEDRO

Rapaces e rapazas de 2º xogan a atopar cousiñas na biblioteca...COÑECEMOS A BIBLIOTECA

Contacontos de 3º na biblioteca para 1º de Primaria...MATRIANUSKA E A CAMISETA DO CAPITÁN