lunes, 4 de marzo de 2024
martes, 27 de febrero de 2024
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
O pasado martes 20 de febbreiro visitounos a autora do libro "A folla azul" , que están a ler os nenos e nenas de 6º de EP, Andrea Maceiras
MOITAS GRAZAS POLO TEU TEMPO E A TÚA VISITA, ANDREA!
MOITAS GRAZAS POLO TEU TEMPO E A TÚA VISITA, ANDREA!
lunes, 26 de febrero de 2024
POLOS CREATIVOS - IMPRESORA 3D
Continuamos a formación co alumnado da ESO e de E. Primaria a cargo do profesor da UDC, Álvaro Deibe Díaz, para levar a cabo proxectos coa impresora 3D...
A través do programa de innovación Polos Creativos (Espazos educativos que favorecen o desenvolvemento das competencias dixitais) e do CFR de Ferrol dispoñemos dunha impresora CREALITY CR200B en calidade de préstamo. Próximamente dispoñeremos dunha propia para o servizo de todo o noso colexio aportada pola Consellería de Educación da Xunta.
UN TOPE QUE PRECISÁBAMOS PARA A PORTA DA CLASE DE 6º DE PRIMARIA...
Tamén se fixeron, de proba, unhas chapiñas para chaveiros co nome do cole e un prototipo de paxareira a tamaño reducido...
viernes, 23 de febrero de 2024
Obradoiro "Os Bolechas: Mireia conta que é o dano cerebral adquirido"-FEGADACE
Tania Losada, educadora social da Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido (FEGADACE), visitounos hoxe para realizar actividades de sensibilización.
Tania explicounos moi ben as causas do dano cerebral, os síntomas de alarma dos ICTUS e a importancia da rápida intervención para minimizar as súas secuelas.
Os síntomas de alarma do ictus se resumen nos 3F: Forza, Fala e Faciana, é importante poñerse en contacto inmediatamente cos teléfonos de emerxencias (112) ou de urxencias médicas (061) se apreciamos estes síntomas de debilidade ou dificultade nunha persoa que precise a nosa axuda.
Aquí tedes o dossier completo que deixounos Tania: https://www.fegadace.org/sensibilizacion-danho-cerebral-galicia-es.htmlAo remate, Tania agasallounos unha mochila co interesante libro dos Bolechas.
23F Actividades DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Agasallo dun libro e unha flor para lembrar a nosa Rosalía.Cancións, poemas e agasallos na biblioteca neste día tan fermoso para nós.
jueves, 15 de febrero de 2024
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



.jpg)








































