jueves, 16 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

O día de hoxe, adicado a Antón Fraguas, convertemos a biblioteca nun pequeno museo etnográfico cos obxectos tradicionais que trouxemos ao longo da semana...

Para falarnos dos traxes tradicionais tivemos a sorte de contar connosco con María Fraguela que tivo a xenerosidade de deixalos expostos na biblioteca durante estes días.
Antón e Laura aproveitaron o momento para gravar un programiña na nosa Radiovalle e agradecerlle a María, en nome de toda a comunidade, a incorporación do novo mobiliario da biblioteca que con tan bo gusto escolleron, sen esquencer a importante aportación que fixo a ANPA para o interés de tod@s.. 
María explicounos as partes das vestimentas e o valor que ten para ela manter as tradicións e conservar o que transmitiron os nosos ancestros. 
Manuela e a súa nai interpretaron esta fermosa melodía coa zanfona e a pandereta...


Eva presentounos a Carlos Oreona coa gaita...
E tamén soaron as panderetas...
A de hoxe foi unha entrañable e amena xornada que lembraremos con ledicia.
Dende o equipo da biblioteca damos as grazas as familias que colaboraron coa incorporación dos obxectos tradicionais...
E como non reiterar as grazas a nosa ANPA por todo o que aportou durante este curso.
 Dende o impulso ao laboratorio, as interesantes conferencias científicas, a colaboración na biblioteca....Un montón de boas iniciativas que fan que esteamos tod@s moi agradecidos da vosa implicación exemplar.
                            MOITAS GRAZAS POLO VOSO BO TRABALLO!!!


miércoles, 15 de mayo de 2019

CONTO: A HISTORIA DA BICICLETA DUN HOME LAGARTO

Alumn@s de 6º interpretaron co Kamishibai "A historia da bicicleta dun home lagarto" en galego, castelán e inglés para os pequerrechos de Infantil e para os compañeiros de 1º,2º e 3º...






lunes, 13 de mayo de 2019

XA SOMOS CHIMPAMIG@S

Acabamos de recibir o Certificado de apadriñamento da chimpancé chamada Anzac...
Como sabedes, a recollida de móviles destes días no cole foi todo un éxito. Cos primeiros 30 móviles que xuntamos entre tod@s xa conseguimos o primeiro apadriñamento, e para lembrar a nosa afillada Anzac podedes volver a ollar o vídeo de presentación...


E hoxe chegounos co certificado a seguinte mensaxe por participar na campaña "Movilízate por la selva"...

Bienvenid@, amig@ de los chimpancés y de la campaña Movilízate por la selva!

Mil gracias por tu generosidad en la recogida de móviles. Con ello ayudas a recuperar materias primas, evitando la contaminación del medio, disminuyendo la huella ecológica y social de la producción de nuevos terminales, y apoyando programas educativos y de conservación en África.

Como recompensa al gran esfuerzo realizado, has ganado el derecho de ser gratuitamente durante un año Chimpamig@ de Anzac, una chimpancé rescatada que vive en el Centro de Rehabilitación del Instituto Jane Goodall en Congo.

Adjuntamos tu Certificado de Apadrinamiento y te animamos a mostrarlo a tus amigos y conocidos, y a contarles cómo, mediante la campaña Movilízate por la selva o el programa Chimpamig@s, podemos dar una segunda oportunidad a los más de 150 chimpancés rescatados de Tchimpounga.
En el siguiente enlace para descarga segura de Dropbox puedes bajarte el último informe de Anzak y disponer de toda la información de los proyectos que el Instituto Jane Goodall desarrolla en Congo y Senegal:

Último informe, XX:

Y para que sepas más sobre tu chimpa favorit@, puedes descargarte también el informe Chimpamig@s anterior (XIX) en este enlace:

Los próximos informes te los mandaremos por correo electrónico.

Recibe un fuerte abrazo, en nombre de los chimpancés y de todos los beneficiarios de los proyectos en África.

Un saludo,
Carlos Martínez
Gestión general de apadrinamientos
Campaña "Movilízate por la selva"

Dende o equipo da biblioteca damos as grazas a toda a comunidade educativa pola participación nesta campaña. Seguiremos reciclando móviles dende a biblioteca escolar e colaborar asi con esta magnífica iniciativa.
                                                          MOITAS GRAZAS A TOD@S


17 DE MAIO - ANTÓN FRAGUAS

Antón Fraguas o último da Xeración Nós

Xeógrafo, arqueólogo, historiador, investigador, etnógrafo, biógrafo, cronista, mestre, galeguista, director e presidente do Museo do Pobo Galego


Deseños de Antón Fraguas debuxados por Mareiras 

Están pintados co parásito do interior do bugallo dos carballos mesturado con auga facendo unha tintura moi especial.




Esta semana temos programadas unha morea de actividades para lembrar a Antón Fraguas. 
Na biblioteca expoñeremos diversos obxectos tradicionais galegos que cada nena ou neno aportará da súa casa.
Expoñeranse traxes rexionais de home e de muller que son réplicas dos que aparecen no libro de Antón Fraguas "El traje popular"
 


Tamén gravaremos un programiña de radio na nosa Radiovalle entorno ao homenaxeado.

   
Para facer ao longo da semana temos unha lista de RECURSOS WEB moi interesante:

➤ PRIMAVERA DAS LETRAS
➤ Seminario Galán
➤ VIDA GALEGA de Héctor Cajaraville
➤ REAL ACADEMIA GALEGA
➤ O PORTAL DA LINGUA GALEGA






















domingo, 5 de mayo de 2019

VISITA DO PARRULO


O pasado venres recibimos con moito entusiasmo a cinco xogadores do Parrulo: Diego Ríos, Rubi Lemos, Illi, Rubi López e Carlos Teijeiro. 
Cada un deles presentouse e contou algunha faceta ou experiencia como xogador de fútbol sala. Abel, o xefe de prensa, tamén os acompañou e falou da súa experiencia co fútbol sala...
Familia, estudios e deporte...Os rapaces recibiron esta fermosa mensaxe e consellos moi valiosos para o seu futuro.
Tamén houbo agasallos para os que estiveron ben atentos...
Sara, Jasmín e Alex, de 5º de Primaria, foron os encargados de entrevistar aos xogadores para nosa Radiovalle

Podedes ver parte da entrevista nos seguintes vídeos...




Ao final desta emocionate xornada, os xogadores firmaron todo o que os rapaces quixeron...

 

MOITAS GRAZAS AO PARRULO POR ESTA XORNADA EXITOSA PARA OS RAPACES

Tedes todas as presentacións dos xogadores e a entrevista no seguinte Podcast Radiovalle...


jueves, 2 de mayo de 2019

2 DE MAIO - 500 ANIVERSARIO LEONARDO DA VINCI

 A ponte autosustentante de Leonardo feita por alumnado de 6º de Primaria...
 Paracaídas feito tamén en 6º de Primaria...
 Giocondas interpretadas por alumnado de Primaria...
Home de Vitrubio e Giocondas de Infantil...


INFOGRAFÍAS

Infografías feitas por alumnado da ESO para o día do libro...