viernes, 12 de enero de 2018

PREHISTORIA NA BIBLIOTECA-PROXECTO 8 DE MARZO

Os peques de Infantil tiveron hoxe unha xornada prehistórica...
 As mestras de Infantil, para o proxecto da Prehistoria, contaron coa colaboración dunha experta en arte rupestre, Lorena.

Lorena mostrounos os materiais que utilizaban as mulleres e os homes na Prehistoria para pintar nas paredes das covas escenas de caza, animais, símbolos ou simplemente deixar as pegadas das súas mans...


Tamén poidemos ver o material lítico, de pedra, que utilizaban como ferramentas, cordas vexetais, coiros, tripas de animais e cornamentas de cervo...

            


Lorena fixo estas lámpadas de tuétano tal e como o facían na Prehistoria para iluminar as covas cando pintaban...
O tuétano é unha sustancia graxa que está no interior dos ósos. Lorena explicounos que unha vez sacado o tuétano do óso, ponse a quentar ata que se derrite como se fora aceite, entón cólase e vótase na cuncha de vieira; cando enfría quédase sólida como a cera dunha vela, colócanse unhas herbas secas como mecha e xa temos as lámpadas feitiñas para iluminar a cova. O fogo o mantiñan sempre encendido no interior da cova e así lles era máis práctico usalo cando o precisaran. Que listos eran!!!

Os pigmentos que usaban para pintar son as chamadas terras naturais como o caolín, o ocre e o carbón...

O carbón usábase como tiza ou machacado e misturado con auga. Facían tampóns ou monequiñas de coiro para facer puntiños... 
Existían diferentes técnicas ou xeitos de pintar:
➤ As puntuacións co dedo ou con tampóns de coiro, tamponado...
 
Puntuacións e cuadriforme da cova do monte Castillo en Puente Viesgo, Cantabria.

Dixitación , facer a silueta da figura co dedo

 
Lorena amosa unha foto da cerva de Covalanas, en Cantabria.
Pintura rupestre feita con tamponado e dixitación...
 

Carbón como tiza, para facer siluetas en negro co carbón...





Os nosos peques pintan co carbón e co dedo na "cova da biblioteca"


Fotos dos cervos da cova de Lascaux e do Mamut de Ruffignac en Francia.


Policromado, consiste en utilizar diferentes materiais de cores para o interior das figuras...Lorena amosounos a foto do cabalo policromado de Lascaux e o bisonte da cova de Altamira...
O cavernícola Zache coloca a súa man sobre a parede da covabiblioteca e Lorena co aerógrafo salpica a pintura líquida...

 Cando Zache retira a súa man, aparece en negativo sobre a parede
Incrible técnica con resultado espectacular...mans en negativo realizadas coa técnica rupestre!. Resulta que os cavernícolas do paleolítico xa descubreran daquela o denominado "efecto Venturi"
Na esquerda vese un aerógrafo rupestre e na dereita outro moderno.
Lorena móstranos unha foto da "Cueva de las manos" en Argentina onde utilizouse o aerógrafo de boca para deixar plasmadas as mans en negativo de homes e mulleres que viviron hai máis de vintecincomil anos...Incrible!!!
Os nosos rapaces de infantil usaron todas as técnicas de pinturas rupestres coas súas profes e con Lorena...

 
 


Pringáronse moito pero disfrutaron como verdadeiros cavernícolas!
Gracias Lorena polo teu emocionante traballo!!!




          









miércoles, 10 de enero de 2018

GUIA DE LECTURA

Dende a Asesoría Bibliotecas Escolares chéganos esta publicación recomendando divertidas, interesantes e novas lecturas...



Kalandraka acaba de publicar en galego Saltón no camiño, un dos libros clásicos de Arnold Lobel que vén acrecentar os títulos dispoñibles deste autor na nosa lingua.
Na súa viaxe, Saltón atopa a moitos personaxes  como uns escaravellos, un verme, unha mosca, un mosquito, unhas bolboretas ou  uns cabaliños do demo, e vive con eles unhas historias moi interesantes, que van enriquecer seu camiño.
Aínda que a ilustración ou o tamaño da letra nos fagan pensar que está destinado para os máis pequenos, a súa lectura pode resultar de interese para todas as idades.

Autor e título imprescindible nas nosas bibliotecas, moi acaído para pensarmos na biblioteca escolar. 



Dándolle a volta aos contos clásicos...
A editorial Xerais vén de publicar  os contos Brancaneves e os 77 ananiños e Cincenta e as zapatillas peludas, ambos os dous da autoría de Davide Cali, con ilustracións de Raphaëlle Barbanègre e traducidos por  Anaír Rodríguez.
 Na presentación editorial indícannos que son reinterpretacións dos contos clásicos e un canto á liberdade. Desde o humor cuestiónanse os estereotipos aceptados que impiden a educación en igualdade de dereitos de oportunidades de nenos e nenas.
Indicados para primeros/as lectores/as, son boas lecturas para incluír nos fondos da biblioteca escolar para traballar a coeducación, a iguadade de xénero e o dereito a decidir das persoas, nomeadamente as mulleres. 
 

E por último, a Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura, achéganos unha interesante selección de poesía infantil...

Como nas nosas bibliotecas lemos moita poesía, elaboramos un taboleiro no Pinterest de Bibliotecas Escolares galegas cunha selección de títulos, á que chamamos Poesía infantil dirixida fundamentalmente a primeiros lectores e lectores autónomos. Como toda escolla, ha medrar co tempo pero ben pode axudar a seleccionar recursos para as nosas actividades en torno á poesía ou acrecentar a colección da biblioteca escolar.




domingo, 7 de enero de 2018

ACTIVIDADES PROPOSTAS 2º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE 2018 ACTIVIDADES PROPOSTAS DENDE A BIBLIOTECA
                                                                                                                                                                                        
- XESTIÓN BIBLIOTECA:
   ● Elaboración Normas de Presentación de Documentos.                                                                                                                    
   ● Dinamización Programa Meiga:
       1º Selección de voluntarios de Primaria e Secundaria.
       2º Distribución de libros según a CDU, colocar “tejuelos”,etiquetas e rexistrar libros de Infantil e Primaria.
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: Os martes para E.I. e os venres 1º e 2º Primaria.
    ● XANEIRO: .- kamishibai “Que contan as ovellas para durmir?” Semana do 15 ao 19 de xaneiro
                             .- “O avó e a cenoria” Semana do 22 ao 25 de xaneiro                     
                             .- “ Batalla de naipes”...semana do 30 de xaneiro, martes 30.
    ●FEBREIRO: .- “ O elefantiño preguntón” semana do 12 ao 16 de febreiro
                             .- kamishibai “Rubicundo” semana do 19 ao 23 de febreiro
                             .- kamishibai “Os tres porquiños”semana do 26 ata 2 marzo
    ●MARZO: .- “Rosalía pequeniña” semana do 5 ao 9 marzo
                        .- “O homiño de papel” semana do 12 ao 16 de marzo
- ACTIVIDADES 30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA:
       .- Búsqueda de información.
       .- Mural arco da vella coas mans
ACTIVIDADES  TEI (Titoría Entre Iguais): Nomear titores para alumnado novo. Taller de xogos e visualización de vídeos na biblioteca entre alumnos de 3º e 5º E. P.
-ACTIVIDADES 24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA: Carteis, recitado de poemas, bailes e música tradicional galega para lembrar a Rosalía.
ACTIVIDADES 8 MARZO: PROXECTO “ELAS SEMPRE PINTAN MOITO” KAMISHIBAI
          .- E.Infantil: Mural mans da Prehistoria
          .- E. Primaria: Interpretación Autorretratos: Frida Kahlo, Maruja Mallo
          .- E. Secundaria: Interpretación Autorretratos:  Maruja Mallo, Begoña Marmoyer, Lita Cabellut, Anna Bilinska-Bohdanowicz...Elección de poemas para cada unha delas.
                                                                                       
- ACTIVIDADES SEMANA DA PRENSA (5 DE MARZO):
          .-Recortes de prensa con actividades do cole durante o curso 2017/18
          .-Recortes de prensa sobre o barrio da Magdalena (Proxecto Terra)
          .-Enquisas ao alcalde ou concelleira de urbanismo.  

ACTIVIDADES PROXECTO TERRA:
      .- Concurso de debuxo EXPONAV antes do 20 xaneiro.
      .- Preparación visita EXPONAV: Visualización de vídeos e búsqueda de información na biblioteca a primeira semana de xaneiro para poder presentarse ao concurso antes do 20 de xaneiro.
      .- Códigos QR e remate do mural Barrio da Magdalena.
      .- Actividades Entroido 2018: Taller de disfraces Ferrol Mola (Festa o venres 9 febreiro?)
      .- Semana da prensa ( 5 de marzo). Visita e enquisa ao alcalde Jorge Suárez ou concelleiro/a urbanismo. Recortes de prensa sobre o barrio da Magdalena.
      .- Visitas dos alumnos a EXPONAV: 1º e 2º...Venres 2 febreiro. 3º e 4º...Mércores 7 febreiro. 5º e 6º...Venres 9 febreiro (Cambiar data porque coincide co entroido)
      .- Visitas á biblioteca da artista Elga Fernández Lamas e o arquitecto Ramón Montero Cereijo para falarnos do barrio da Magdalena.
      .- Visita da rondalla do Club de Campo para interpretar cancións tradicionais das Pepitas.
-TALLER KAMISHIBAI 2018:
     .- “Cambiache o conto”
     .- “Concepción Arenal”
     .- “Elas sempre pintan moito”
     .- "Victoria Moreno Márquez"
-VISITAS Á BIBLIOTECA:
      .- Elga Fernández Lamas, ilustradora dixital do barrio da Magdalena. (sen data)
      .- Alcalde ou concelleiro de urbanismo para falar do barrio da Magdalena, presente e futuro.
      .- Ramón Montero Cereijo, presidente dos arquitectos ferrolterra.


                           CALENDARIO 2018 DO LIBRO E DA LECTURA

 



sábado, 16 de diciembre de 2017

PROXECTO KAMISHIBAI

Se queredes ver o noso traballo co kamishibai e os de outros centros escolares de Galicia, premede no seguinte enlace...


Seguiremos a traballar neste proxecto tan fermoso.

domingo, 3 de diciembre de 2017

ENSAIO DO FESTIVAL DE NADAL 2017

Primeiros ensaios dos nosos artistas...en rigurosa primicia!...


...estes días estamos a traballar intensamente para que tod@s disfrutedes coas diversas actuacións que estamos a preparar.
Ánimo...Xa quedan poucos días!