viernes, 3 de noviembre de 2017

eduCANdo con Malibú

Malibú ten este recuncho dedicado ao seu proxecto solidario na Casa Grande de Xanceda. A cadeliña está moi contenta coa súa labor fomentando a adopción e loitando contra o abandono. Que boa iniciativa! 

Adriana veu hoxe á biblioteca con Malibú, unha cadeliña rescatada do abandono que agora vive feliz como profe para ensinar nos colexios.  Hoxe nós aprendimos con ela a ser máis responsables cos animais.









Os primeiros en recibila foron os rapaces de 1º e 2º de Primaria...

 
Estiveron atentísimos ás explicacións e moi cariñosos con Malibú...
Aprenderon a recoller ben a caca coas bolsiñas para non mancharse nadiña.
Logo tocoulles o turno aos de 3º e 4º de Primaria...
A cadeliña deixouse acariciar panza arriba ...


Algúns rapaces emocionáronse ao lembrar as súas mascotas...pero podedes estar tranquilos e contentos rapaces, porque seguro seguro que foron moi felices nos vosos fogares.







Logo dun pequeno descanso e paseíño con Malibú por fóra, tocoulles o turno aos compañeiros de 5º e 6º de Primaria...

 
Malibú quedou agotada

Pero aprendimos un chisquiño máis a ser responsables cos animais. E lembrade ben a ensinanza da profe Malibú...

GRAZAS MALIBÚ E ADRIANA POLO DIPLOMA...
 

...E POR FACERNOS EXPERTOS EN ANIMAIS FELICES!
Aquí tedes o enlace por se queredes saber máis de...MALIBÚ












jueves, 2 de noviembre de 2017

PREMIOS SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Hoxe celebramos na biblioteca a entrega de premios dos diferentes concursos propostos pola ANPA...
CATEGORÍA INFANTIL- DEBUXO
O xurado acordou otorgarlle o premio a...Brenda Calviño, pola súa orixinalidade e mistura de distintas técnicas de debuxo e collage...
Ademáis, debido á dificultade á hora de valorar os premios pola alta calidade, o xurado decide facer mención especial a...
Paula Morado Gato, Sara González Canosa, Daniela Pardo Rey, Zache Martínez Díaz e David Merino...



CATEGORÍA 1º E 2º DE PRIMARIA - DEBUXO 
O xurado acorda entregarlle o premio a... Noelia Moreno, pola gran cantidade e calidade dos detalles introducidos no debuxo...
Mágoa que non estivera hoxe para recoller o seu premio!

E reciben mención especial...Nerea Hermida Vázquez e Bea Ferreira Da Mota
 
Cantos monstros cativiños na biblioteca, mi madriña!

CATEGORÍA 3º E 4º DE PRIMARIA - CONTO 
O xurado acorda entregarlle o premio a...Antía Pérez Arto, pola boa presentación e orixinalidade ao escribir un relato dende o punto de vista dos monstros..."Verdade ou Reto"

 
O xurado decide facer unha mención especial a Martín Nouche Vidal e Xabi Leira Fernández
Parabens rapaces, tedes unha imaxinación montrosa!!!

CATEGORÍA 5º E 6º DE PRIMARIA
O xurado acorda otorgarlle o premio a...Yago Díaz Vieites, pola mestura de realidade e ficción que contén o seu relato..."O espíritu na escola"


Reciben mención especial: Laura Rodríguez Pena, Luisa López Fraguela, Marta Del Río Sánchez e André Romero Veiga.
Parbéns rapazada!!!

CATEGORÍA ESO
O xurado acorda otorgarlle o premio a...Laura Rodríguez López, polo seu estilo desenfadado e o orixinal plantexamento da historia dende o punto de vista dos mortos..."El misterio del mundo monstruoso"



Mención especial para Adrián Rodríguez López, pola novedosa e reflexiva temática do seu relato.

PREMIOS ÁS MELLORES CABAZAS 2017

O premio á mellor cabaza de Infantil vai para...Izan Salazar, e de Primaria para Estéfany de 1º e Yésica de 6º

➤O xurado deste Concurso de Contos de Samaín estivo composto por: Eva Veiga Graña, Maika Fernández de Castro, Óscar López Serra e Elena López Nores
➤Queremos agradecer ao Concello de Ferrol a doación dos libros para este evento, e a Mcdonals os vales menús para os premiados. Dende o equipo da biblioteca agradecemos a ANPA a iniciativa desta exitosa celebración, esperemos que sirva para animar aos nosos alumnos a seguir participando e creando cousas tan fermosas como as deste Samaín.