martes, 16 de mayo de 2017

A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

 Lembrando a Carlos Casares nestas datas, os rapaces de 2º de Primaria representan no kamishibai "A galiña azul" para os nenos e nenas de Infantil...
Tedes aquí o enlace ao conto...A GALIÑA AZUL

E para rematar con ledicia, alumnos e titoras de 5º e 6º traballaron arreo para agasallar aos cativiños cunha simpática galiña azul...





No seguinte enlace tedes as propostas, que dende a biblioteca elaboránronse para estas datas 


Fermosas chapas para celebrar un fermoso día...CHAPAS CARLOS CASARES

Os peques do cole tamén o homenaxean...INFANTIL CON CARLOS CASARES



APADRIÑAMENTO LECTOR

Unha das actividades programadas para estas datas é o APADRIÑAMENTO LECTOR, padriños e madriñas de 6º leron contos aos rapaces de 1º. Cada grupiño buscou o seu recuncho no patio ou nos corredores do centro, alí os padriños e madriñas leron o libro escollido ao seu afillado ou afillados...momentos máxicos e entrañables dunha relación fermosa...entrade no seguinte enlace para ver todas as imaxes...APADRIÑAMENTO LECTOR


 
 














MOITAS GRAZAS MADRIÑAS E PADRIÑOS




sábado, 13 de mayo de 2017

KAMISHIBAI: "XOGANDO CON GATOS"

Esta semana contamos, cantamos e representamos no kamishibai o libro de Antón Cortizas...
                                                  "Xogando con gatos"

miércoles, 10 de mayo de 2017

CHAPAS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Temos a sorte de contar con estas chapas chulísimas para homenaxear a Carlos Casares no Día das Letras Galegas

Damos as grazas a Artenchapas On Line pola súa colaboración.

                 PARABÉNS POLO TRABALLO!!!
                

lunes, 8 de mayo de 2017

PREPARANDO TAREFAS...

...PARA O MES DAS LETRAS GALEGAS



➤Mestras de Infantil xa teñen preparadas as tarefas para o Día das Letras Galegas.
A partir do relato "A  BOMB D FELICIDADE"...

...tarefas preparadas para traballar o sentimento de felicidade: con cancións, imaxes e pinturas para os máis peques do cole.

➤Rapaces de 2º de Primaria están a piques de rematar o kamishibai de "A GALIÑA AZUL"...
 

 

➤Os de 3º xa remataron "Xogando con gatos"...


...e o están a representar co kamishibai na biblioteca.

                      Hoxe tocoulle aos nen@s de 3 anos
Rapazas de 4º tamén están a rematar os seus contos..."Os tres porquiños"

  Marta e Abril

 Manuela e Andrea
"Que contan as ovellas para durmir?"









lunes, 1 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS - PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Como sabedes, este ano, a Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar a Carlos Casares o Día das Letras Galegas 2017. Destacando que o escritor ourensán foi "unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX"
Dende o equipo da biblioteca propoñemos as seguintes ACTIVIDADES para desenrolar ó longo do mes de maio:
  Presentación ao Certame “PRIMAVERA DAS LETRAS”
➤  Realización de FICHAS DIDÁCTICAS propostas pola Real Academia Galega para os distintas etapas educativas:
    ➧ FICHAS DIDÁCTICAS : Proposta de tarefas deseñadas polas profesoras de Infantil centradas no relato "A BOMBA DA FELICIDADE" de Carlos Casares.
Representacións co KAMISHIBAI na biblioteca:
      ➧  Kamishibai da “Galiña azul” de Carlos Casares – Elaborado por rapaces de 2º de Primaria para presentar ao resto de compañeiros, de Infantil e Primaria.
      ➧ Kamishibai do poema de Carvalho Calero “Ferrol 1926” adicado a súa casa no barrio de Ferrol Vello, incluido no Proxecto Terra: “O dereito ao noso hábitat” - Elaborado por 3º de Primaria. (Entre os nomes propostos, ademais de Carlos Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales, estaba o de Carvalho Calero).
       ➧ Kamishibai da vida e obra de Concepción Arenal, nada en Ferrol Vello, tamén para o Proxecto Terra – Elaborado por 2ª da ESO.
       ➧ Interpretación de contos en galego co Kamishibai:
                           “Os tres Porquiños” – 4º de Primaria
                           “Que contan as ovellas para durmir”de Kiko da Silva - 4º de Primaria
                           “Xogando con gatos” de Antón Cortizas – 3º Primaria

     Mural na biblioteca – Elaborado por 5º e 6º de Primaria.
     Voluntarios de 5º e 6º da biblioteca realizarán a galiña azul cun globo para os rapaces de Infantil e o diseño de sinalizadores conmemorando a data. 
    Visita do ilustrador e artista Leandro Lamas á biblioteca: adorno do Kamishibai cos voluntarios de 5º e 6º.
   Visualización de vídeos e outros recursos coa vida e obra de Carlos Casares:
         ➻ Carlos Casares LETRAS GALEGAS  2017 – Real Academia Galega –
         ➻ Inicio de “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”
         ➻ Recursos na rede sobre Carlos Casares:
         ➻ Actividades interactivas:
         ➻ Presentación cunha adaptación de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
     ➤ Actuacións, carteis e representacións na biblioteca dos voluntarios de Secundaria.